9 Coñezo o teu sufrimento e a túa pobreza —aínda que es rico e a maledicencia contra ti dos que se teñen por xudeus sen seren xudeus pero que si son sinagoga de Satán.
O Espírito do Señor está sobre min porque El foi quen me unxiu para proclamarlles a Boa Nova ós pobres. Mandoume para lles anunciar a liberación ós secuestrados e a vista ós cegos, para lles dar liberdade ós asoballados,
enfortecendo o espírito dos discípulos e animándoos a perseveraren na fe, porque dicíanlles temos de pasar por moitos traballos, para entrarmos no Reino de Deus.
pasamos por xente triste, e ben alegres que estamos sempre; pasamos por pobres, e mais enriquecemos a moitos; pasamos por xente que non ten nada, e mais témolo todo.
Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús.
sei que onde vives é onde Satán ten o seu trono e que te mantés firme comigo e non negaches a fe en min nin cando Antipas, o meu mártir que tamén fiaba en min, caeu asasinado aí onda vós, onde vive Satán.
Coñezo as túas obras e fatigas e mais a túa enteireza e vexo que non podes aturar os malos. Puxeches á proba ós que se teñen por apóstolos sen seren apóstolos e ti atopáchelos falsos.
Pero a vós, ós de Tiátira que non sodes desta doutrina e que non coñecedes os profundos misterios de Satán como eles din, dígovos que non vos impoño outro peso.
Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.
Eu respondinlle: "Meu Señor, ti xa o sabes". E díxome: "Estes son os que veñen de pasar as súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.