8 Ó anxo da Igrexa de Esmirna escríbelle: Isto di o Primeiro e o Ultimo, o que estivo morto pero volveu á vida.
Así fala o Señor, Rei de Israel, o seu Redentor, o Señor dos Exércitos: "Eu son o Primeiro, e tamén o Derradeiro; non hai outro Deus fóra de min.
Escoitame, Xacob; Israel, por quen son invocado. Eu son o Señor, eu son o Primeiro e tamén o Derradeiro.
Por iso mesmo morreu e resucitou Cristo: para ser dono dos mortos e dos vivos.
que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".
Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén.
Ó anxo da Igrexa de Éfeso escríbelle: Isto di quen apreixa coa súa dereita as sete estrelas, quen pasea entre os sete candelabros de ouro.
Eu son o Alfa e o Omega, o Primeiro e o Ultimo, o Principio e a Fin.