Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 2:7 - Biblia SEPT

7 Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar a comer da árbore da vida, que está no xardín de Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 2:7
36 Iomraidhean Croise  

Fixo xermolar da terra árbores fermosas para a vista e boas para comer, e entre elas a árbore da vida e a árbore do coñecemento do ben e do mal.


O froito dun home recto é a árbore da vida, e o sabio atrae as persoas.


Esperanza aprazada fai adoecer o corazón, arela cumprida é unha árbore de vida.


Unha lingua apracible é árbore de vida; cando é perversa, fere no espírito.


é a árbore da vida para os que a aferran, os que a reteñen son felices.


ti vives no Edén, o xardín de Deus, toda sorte de pedras preciosas son o teu valo: cornalina, topacio, augamariña, crisólito, berilo e ónix; zafiro, rubí e esmeralda, e o ouro que hai en ti é por causa da túa fermosura, e do teu esplendor; foi preparado para ti o día que fuches creado.


No xardín dos deuses os cedros non eran máis altos ca el, nin os cipreses se podían comparar á súa ramaxe, nin os plátanos eran coma as súas ramas; ningunha árbore do xardín dos deuses se podía comparar con el na súa beleza.


Quen teña oídos, que escoite.


Entón, os xustos resplandecerán coma o sol no Reino de seu Pai. Quen teña oídos que escoite.


Quen teña oídos que escoite!


E concluíu: Quen teña oídos para oír, que escoite.


Nada do que hai fóra do home pode manchalo ó entrar nel; pero o que sae do home, iso si que o mancha.


Xesús respondeulle: Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.


Outra caeu en boa terra, e xermolou dando o cento por un. A continuación exclamou: Quen teña oídos para oír, que escoite.


Díxenvos estas cousas para que teñades paz grazas a min. No mundo haberedes ter apertos; pero tede ánimo: eu vencín o mundo.


E a nós revelóunolo Deus polo Espírito; pois o Espírito esculca todo, mesmo as profundidades de Deus,


o levaron ó paraíso e oíu palabras inefables, que non se lle permiten pronunciar ó ser humano.


Dígovos, pais, que vós tedes o coñecemento daquel, que é desde o comezo. Dígovos, mozos, que vós vencestes o Maligno.


Quen teña oídos escoite:


E oín unha voz do ceo que me dicía: "Escribe: Benia os mortos que, de agora en diante, morran no Señor. Si di o Espírito, que descansen das súas fatigas, porque as súas obras van con eles".


Despois vin coma un mar de cristal mesturado con lume e os que saíron con ben da loita coa besta, coa súa imaxe e co número do seu nome, vinos de pé enriba do mar de cristal, con cítaras para o canto de Deus.


Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor prométolle que non o vai danar a morte segunda.


Quen teña oídos escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar do maná escondido e tamén unha pedriña branca; e escrito na pedriña un nome novo que ninguén coñece, fóra daquel que a recibe.


O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el o seu Deus e el será para min o meu fillo.


Benia os que teñen lavada a súa roupa, para teren dereito á árbore da vida e a entraren polas portas da cidade.


O Espírito e a esposa din: "Ven". Quen escoita, que diga: "Ven". Quen teña sede, que veña; o que queira, que colla de balde auga da vida.


Contra do medio da rúa principal da cidade, a unha e outra beira do río, había unha árbore da vida, que dá doce colleitas por ano, unha cada mes e as follas destas árbores son boas para curar as nacións.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan