5 Acórdate de onde caíches: arrepíntete e ponte a facer as obras de antes. Porque che vou vir cambiar o teu candelabro de sitio, caso de non te arrepentires.
Volverei os teus xuíces coma no principio, volverei os teus conselleiros coma antes. Despois de suceder isto, chamaráseche cidade da xustiza, chamaráseche cidade fiel".
Unha vez alí, lembrádevos do voso comportamento e de todas as obras coas que vos lixastes, e sentiredes noxo de vós mesmos por todas as maldades que cometestes.
Samaría vai ser arrasada, pois rebelouse contra o seu Deus; caerán a espada, os seus meniños serán escachizados, as súas mulleres en cinta serán rebentadas.
Coma un bacelo no deserto atopei eu a Israel, coma o primeiro figo maduro da figueira, vin eu os seus pais. Pero eles foron a Baal-Peor, e consagráronse á Vergonza, e volvéronse tan abominables coma o que eles amaban.
Camiñará diante del co espírito e poder de Elías, para reconciliar pais con fillos, ensinarlles ós rebeldes o proceder dos xustos e preparar así un pobo ben disposto para o Señor.
O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.
Os homes sufriron unha gran queimadura e comezaron a xurar contra o nome de Deus, que tiña na súa man o poder sobre estas pragas; pero non cambiaron os seus pensamentos para lle daren gloria a Deus.
Coñezo as túas obras e fatigas e mais a túa enteireza e vexo que non podes aturar os malos. Puxeches á proba ós que se teñen por apóstolos sen seren apóstolos e ti atopáchelos falsos.