Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 2:3 - Biblia SEPT

3 Eu sei ben que tes esperanza e paciencia e por iso aguantaches por cousa miña e non estás canso.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 2:3
49 Iomraidhean Croise  

Descansa no Señor e espera nel, non te irrites polos que triúnfan e polos que manexan a intriga.


Que en min non se defrauden os que esperan en ti, Señor, Señor dos exércitos; non se avergoncen por min os que te buscan, Deus de Israel.


Soporto a ira do Señor, xa que pequei contra El: ata que xulgue a miña causa e execute a miña sentencia. El sacarame á luz, para que vexa eu a súa salvación.


Pasaba por alí Simón de Cirene, que volvía da leira o pai de Alexandro e de Rufo e obrigárono a cargar coa cruz.


O que non carga coa súa cruz e me segue, non pode ser discípulo meu.


Propúxolles tamén unha parábola acerca da necesidade de orar sempre, sen cansar:


Coa vosa perseveranza, salvaredes as vosas vidas.


Respondeu Simón: Mestre, pasamos a noite faenando e non demos collido un rabo de peixe, pero, xa que ti o dis, largarei o aparello.


Os da terra boa, son aqueles de bo e xeneroso corazón, que escoitando a Palabra, retéñena, producindo froito coa súa perseveranza.


Todo isto hánvolo facer por causa miña, pois non coñeceron a quen me mandou.


Alegres na esperanza, con constancia no sufrimento, afincados na oración;


Saúdos a Trifene e Trifosa, que traballan polo Señor. Saúdos á querida Pérside, que tanto traballou polo Señor.


ós que perseveran nas boas obras e buscan a gloria, a honra e a inmortalidade, halles dar vida eterna;


Pero, se esperamos o que non vemos, demostramos esperar con constancia.


Desculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre.


Poñédevos tamén vós á súa disposición e á de todo o que colabore e traballe con eles.


Nin nos gloriamos de máis nin nos gloriamos á conta de traballos alleos; pero tiñamos a esperanza de que, segundo se ía espallando a fe entre vós, iámonos multiplicar máis e máis, conforme a nosa idea,


Que son servidores de Cristo? Vou dicilo desvariando: pois eu sono máis ca eles. Gáñolles en traballos, gáñolles en prisións; sen comparanza en malleiras e en perigos de morte.


Por iso exercendo este servizo pola misericordia de Deus, non nos apoucamos;


Por iso non nos apoucamos: aínda que o noso exterior vai esmorecendo, o interior, todo o contrario: renóvase de días a días.


En todo caso, ora continuemos neste domicilio ora nos afastemos del, arelamos agradarlle.


golpes, prisións, tumultos, angueiras, noites en vela, días sen comer;


Levade uns as cargas dos outros, que así cumpriredes coa Lei de Cristo.


Non cansemos de facer o ben, que, coma esmorecer non esmorezamos, cumprido o tempo habemos ter boa colleita.


presentando a palabra da vida. Dese xeito o día de Cristo eu voume poder gabar de que nin corrín ás toas nin me cansei en balde.


E tamén a ti, meu leal compañeiro de traballo, pídoche que lles botes unha man: que elas loitaron canda min polo Evanxeo xunto con Clemenzo e outros colaboradores meus que teñen o seu nome no Libro da Vida.


estaredes fortalecidos en todo coa súa potencia magnífica para serdes con ledicia pacientes e constantes a toda proba;


nos lembramos diante de Deus, noso Pai, da actividade da vosa fe, do esforzo da vosa caridade e da firmeza da vosa esperanza no noso Señor Xesús Cristo.


Acordaravos, irmáns, o noso esforzo e fatiga: traballando noite e día, por non sermos unha carga para ningún de vós. Así foi como vos predicamos o Evanxeo de Deus.


Rogámosvos, irmáns, que sexades considerados cos que traballan entre vós, presidíndovos no Señor e catequizándovos.


E vós, irmáns, non cansedes de facer o ben.


Que o Señor encamiñe os vosos corazóns ó amor de Deus e á paciente espera do Cristo.


nin comemos de moca o pan de ninguén, senón que traballamos noite e día con esforzo e fatiga por non sermos unha carga para ningún de vós.


para isto traballamos e loitamos, porque esperamos en Deus vivo, que é o Salvador de todos os homes e maiormente dos que cren.


Os "presbíteros" que presiden ben son dignos dun dobre honor, maiormente os que se afanan na predicación e no ensino.


Xa que, de feito, cómprevos paciencia para vos conformar coa vontade de Deus e deste xeito conseguir a promesa:


Polo tanto, xa que nos vemos cercados arredor por unha tal nube de testemuñas, deixando enteiramente a un lado todo o que nos estorba e o pecado que tan facilmente se nos apega, corramos con aguante a carreira que temos por diante,


Saiamos, logo, para fóra do campamento para nos atoparmos con el, levando nós a súa aldraxe.


pois Deus non é inxusto como para que lle esqueza o voso traballo e o amor que lle mostrabades cando serviades (e seguides aínda servindo) o seu pobo santo por mor del.


de xeito que non sexades nugalláns, senón que imitedes ós que, con fe e paciencia, son herdeiros das promesas.


E deste xeito Abraham, agardando con paciencia, conseguiu a promesa.


co xuízo moral, o dominio de vós mesmos; co dominio de vós, a constancia; e coa constancia, a piedade;


Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús.


Como ti gardaches as miñas palabras con perseveranza, tamén eu te gardarei a ti no intre da proba, que está a vir sobre todo o mundo, para pór a proba a toda a xente.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan