2 Coñezo as túas obras e fatigas e mais a túa enteireza e vexo que non podes aturar os malos. Puxeches á proba ós que se teñen por apóstolos sen seren apóstolos e ti atopáchelos falsos.
Así xa non seremos nenos, batidos e levados á deriva polas ondas de calquera corrente de doutrina, á mercé do engano dos homes e de argucias demagóxicas,
nos lembramos diante de Deus, noso Pai, da actividade da vosa fe, do esforzo da vosa caridade e da firmeza da vosa esperanza no noso Señor Xesús Cristo.
Con todo, os cimentos sólidos de Deus mantéñense rexos, e teñen o selo seguinte: O Señor coñece ós que son del; e: "afástese da inxustiza todo o que invoca o nome do Señor".
pois Deus non é inxusto como para que lle esqueza o voso traballo e o amor que lle mostrabades cando serviades (e seguides aínda servindo) o seu pobo santo por mor del.
Meus amigos, non fiedes en calquera espírito; máis ben, poñede á proba os espíritos, para ver se veñen de Deus. Porque de entre nós saíron polo mundo moitos falsos profetas.
Acórdate de onde caíches: arrepíntete e ponte a facer as obras de antes. Porque che vou vir cambiar o teu candelabro de sitio, caso de non te arrepentires.
Coñezo o teu sufrimento e a túa pobreza —aínda que es rico e a maledicencia contra ti dos que se teñen por xudeus sen seren xudeus pero que si son sinagoga de Satán.
Ó anxo da Igrexa de Sardes escríbelle: Isto di quen ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas: coñezo as túas obras: tes sona de estar vivo, pero estás morto.
coñezo as túas obras olla que te puxen diante dunha porta ben aberta, que ninguén pode pechar; coñezo que tes pouca forza, e mesmo así, cumpriches a miña palabra e non me negaches.