Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 2:12 - Biblia SEPT

12 Ó anxo da Igrexa de Pérgamo escríbelle: Isto di quen ten a espada de dous fíos ben afiada:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 2:12
10 Iomraidhean Croise  

Xulgará ó pobre conforme a xustiza, e sentenciará con rectitude ós oprimidos da nación. Castigará ó violento coa vara da súa boca, e co espírito dos seus labios matará ó malvado.


Puxo na miña boca coma unha espada afiada, escondeume na sombra da súa man, converteume en frecha escolleita, gardoume na súa alxaba,


Collámolo a peito, xa que a palabra de Deus é viva e dinámica, máis cortante do que unha espada de dobre fío e que penetra mesmo alí onde se diferencian a alma e o espírito, as xuntas e a medula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos.


que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".


Na man dereita tiña sete estrelas e da boca saíalle unha espada de dous fíos ben afiada. A cara resplandecíalle coma o sol cando dá con toda a súa forza.


Da boca sáelle unha espada ben afiada, para ferir con ela os xentís: ha de os rexer cun caxato de ferro e pisa a moxega do viño rabioso da ira de Deus, que todo o sostén.


Os outros matáronos coa espada que saía da boca do cabaleiro que ía montado de a cabalo. Todos os paxaros quedaron fartos da súa carne.


Ó anxo da Igrexa de Éfeso escríbelle: Isto di quen apreixa coa súa dereita as sete estrelas, quen pasea entre os sete candelabros de ouro.


Arrepíntete, que, como non o fagas, vou vir axiña e loitarei contra eles coa espada da miña boca.


E fíxose Ehud cunha faca de dobre gume, dun palmo de longa, e cinguiuna por debaixo do seu vestido, sobre o lado dereito.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan