Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 19:2 - Biblia SEPT

2 porque verdadeiras e xustas son as súas sentencias. El condenou a gran Prostituta, que coa súa prostitución corrompeu o mundo, El vingou o sangue dos seus servos, que ela tiña no seu poder".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 19:2
16 Iomraidhean Croise  

Nacións, aclamade ao seu pobo, que o sangue dos seus servos está sendo vingado; fai vinganza dos seus adversarios, e así purifica a súa terra e o seu pobo".


E a grandes berros preguntaron: "Ata que día, noso Dono santo e verdadeiro tardarás en facer xustiza e en vingar o noso sangue contra os veciños da terra?"


Alégrate, ceo, por causa dela! E vós, os santos, os apóstolos e os profetas, alegrádevos! Porque Deus volveu contra ela a sentencia que un día ela lanzara contra vós".


Velaí o día da vinganza e do axuste de contas! Velaí o intre no que tropezarán os seus pés! Certo que está próximo o día da súa ruína, certo que vén ás présas preparado para eles.


Porque do viño rabioso da súa prostitución beberon todas as nacións, e os reis da terra andaron a fornicar con ela, e co exceso do seu luxo enriquecéronse os traficantes da terra".


Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés, e a cántiga do Año, dicindo: "Grandes e admirables son as túas obras, Señor Deus, que todo o sostés; xusto e fiel é o teu comportamento, Rei das nacións.


os mandatos do Señor son rectos: aledan o corazón; o precepto do Señor é limpo: ilumina os ollos;


Señor, ti es o meu Deus: enxálzote, loo o teu Nome, porque realizaches plans marabillosos, a túa fidelidade vén de lonxe.


El é o Penedo, a súa obra é perfecta. Si, todos os seus vieiros son xustiza. É o Deus da fidelidade e non hai nel inxustiza xusto e recto é El.


Desbaratarás a casa de Acab, teu señor, e eu vingarei en Iezabel o sangue dos meus servidores, os profetas, e o sangue de todos os servos do Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan