3 Porque do viño rabioso da súa prostitución beberon todas as nacións, e os reis da terra andaron a fornicar con ela, e co exceso do seu luxo enriquecéronse os traficantes da terra".
Velaí o que eles foron para ti, xa que te exercitaches cos feiticeiros desde a túa mocidade. Cada un andou extraviado polo seu camiño, non houbo quen te salvase.
Nabucodonosor comeunos e chupounos o sangue, o rei de Babilonia deixounos coma un prato ben repañado, enguliunos coma o Tanín, encheu o seu bandullo, ó seu pracer, fíxonos desaparecer.
Por culpa das moitas prostitucións da prostituta, tan fermosamente agraciada, mestra de encantamentos, a que trafica entre os pobos coas súas prostitucións, entre os países cos seus encantamentos.
E outro anxo, o segundo, viña despois dicindo: "Caeu, caeu a grande Babilonia!, que ten borrachas a todas as nacións co viño do furor das súas fornicacións".
Logo, botaron terra nas súas cabezas e, entre choros e laios, berraron: "Ai! Pobre gran cidade coa que se fixeron ricos todos os que teñen barcos no mar, á costa da súa fartura! Nun virar da man quedou erma.
e a luz do farol non volverá brillar máis en ti, e as palabras amorosas do esposo e da esposa non se oirán máis en ti: Porque, sendo os teus traficantes os máis grandes de todo o mundo, todas as xentes se perderon coas túas bruxerías;
canta gloria e praceres ela tivo, dádelle outro tanto en tormentos e loito. Porque ela di para si: Estou sentada nun trono de raíña, e nin estou viúva, nin verei o loito.
Chorarán e botarán as mans á cabeza os reis da terra, os que practicaron a prostitución con ela e que se encheron de pecar con ela, cando vexan o fume da súa queima.