2 E saíu o primeiro e verteu a súa cunca na terra; e unhas chagas malignas e dolorosas aparecéronlles ós homes que tiñan a marca da besta e mais ós que se prostraban para adorar a súa imaxe.
En vez de perfume haberá podremia; en vez de cinto, corda; en vez de peiteado de trenzas, calva; en vez de lenzo fino, un cinguideiro de saco. En vez de fermosura, vergonza.
O Señor retirará de ti toda enfermidade e toda peste maligna —coma as de Exipto, que ti ben coñeces—, non cha apegará a ti, senón que llela dará a todos os que te odian.
Exerce, baixo a ollada da primeira besta, a súa completa vontade: fai que toda a terra e os seus habitantes adoren a primeira besta, que curara da súa ferida mortal.
E outro anxo, o terceiro, viña detrás deles, dicindo a berros: "Se alguén adora a besta ou a súa imaxe e recibe o sinal dela na súa fronte ou na súa man,
Tocou o primeiro e caeu na terra unha sarabiada de lume mesturado con sangue: ardeu a terceira parte da terra e a terceira parte das árbores e toda a herba verde.
Pero, en canto chegou alí a arca, a man do Señor pesou sobre a cidade. Houbo un gran estremecemento, pois o Señor feriu cunha praga de furunchos a toda a poboación, ós pequenos e ós grandes.