Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 16:1 - Biblia SEPT

1 Logo oín un berro que desde o santuario lles dicía ós sete anxos: "Ide e vertede sobre a terra as sete cuncas da ira de Deus!".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 16:1
17 Iomraidhean Croise  

Descarga a túa ira sobre as xentes que non te recoñecen, sobre os reinos que non invocan o teu nome,


Desafoga a túa ira contra os pobos que non te recoñecen, contra as tribos que non invocan o teu Nome; pois quixeron devorar a Xacob, devoralo e facelo desaparecer, e esnaquizaron os seus lares.


E faloulle ó home vestido de liño nestes termos: Entra no sitio que hai entre as rodas, no sitio que hai debaixo dos querubíns e enche os teus puños de brasas ardentes, das que hai entre os querubíns, e logo esparéxeas pola cidade. El entrou á miña vista.


Por iso vertín sobre eles a miña ira, destruínos co lume do meu furor, volvín sobre a súa cabeza o castigo do seu comportamento, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


Por isto, esperádeme —é o Señor quen fala— no día que me levante para a sentencia, que a miña sentencia será: reunir as nacións e xuntar os reinos para verter sobre eles a miña ira, todo o ardor da miña carraxe. Si, co incendio do meu celo toda a terra será consumida.


E abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario. Entón houbo lóstregos, berros, tronos, un terremoto e unha grande sarabiada.


Outro anxo saíu do santuario, berrándolle con fortes berros ó cabaleiro da nube: "Agarra a túa fouce e sega que xa chegou o tempo da seitura: a colleita da terra xa está seca".


Despois de onda o altar saíu outro anxo, o que tiña poder sobre o lume, e chamou a berros ó que tiña a fouce ben afiada e díxolle: "Mete a túa fouce ben afiada e vendima os acios da viña da terra, porque os bagos están maduros de máis".


Logo vin outro grande e admirable sinal no ceo: sete anxos coas sete pragas; as derradeiras, pois a ira de Deus chega con elas ó cabo.


Logo o sétimo verteu a súa cunca no aire e entón saíu un berro do santuario, de onda o trono, que dicía: "Xa está!".


O Señor mandoute por este camiño, con esta orde: vai e consagra ó anatema ós amalecitas, pecadores; combáteos, ata acabares con eles.


Vai, logo, pelexa contra Amalec, destrúe todo o que ten e non teñas dó del. Mátalle homes e mulleres, rapaces e nenos de peito, bois e ovellas, camelos e burros".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan