Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 15:3 - Biblia SEPT

3 Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés, e a cántiga do Año, dicindo: "Grandes e admirables son as túas obras, Señor Deus, que todo o sostés; xusto e fiel é o teu comportamento, Rei das nacións.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 15:3
49 Iomraidhean Croise  

Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.


Os fillos de Israel déronlles ós levitas estas cidades cos seus contornos.


Entón o rei chamou ó sumo sacerdote Iehoiadá e díxolle: —"Por que non te preocupaches de que os levitas cobren en Xudá e Xerusalén o tributo imposto por Moisés, servo do Señor, e pola comunidade de Israel para a tenda da alianza?


Décheslles a coñecer o teu santo sábado, décheslles ordes, mandatos e unha Lei, por medio do teu servo, Moisés.


Lémbrate de loarlle os seus feitos, que toda a xente canta!


El é quen fai o grande, o insondable, el fai milagres sen conta;


porque o Señor é bo. O seu amor dura por sempre; por xeracións a súa fidelidade.


Relembrade as marabillas que fixo, os prodixios e as decisións da súa boca.


Grandes son as obras do Señor, dignas de estudio para todos os que as aman.


As obras das súas mans son xustas e leais, os seus preceptos son firmes:


Lóuvote polo prodixio que hai en min: as túas obras son marabillosas. Ti coñeces a fondo o meu espírito;


O Señor é xusto nos seus camiños todos, bo en todos os seus feitos.


Pregoan os teus poderosos escarmentos, e eu anuncio a túa grandeza.


Contigo podo encararme cunha tropa; co meu Deus, saltar murallas.


Diante de seus pais fixera marabillas, na terra de Exipto, nos campos de Soán.


As túas obras, Señor, danme alegría, as accións das túas mans fanme cantar;


Ti asentas o xuízo no dereito e fas xustiza en Israel.


Si, o Señor será o noso Rexedor, o Señor será o noso lexislador, o Señor, o noso Rei, El só nos salvará.


Expoñede, presentade as vosas probas; aconselládevos uns cos outros. "Quen fixo oír isto desde antigo? Quen o fixo saber desde o tempo pasado? Acaso non fun eu, o Señor? Si, non hai outro Deus fóra de min! Eu son Deus, o Xusto e o Salvador, non hai outro fóra de min.


A Efraím, para que lle volverán a servir os ídolos? Eu son, eu, quen o escoito e teño coidado del. Eu son coma o ciprés sempre verde, en min atópase froito para ti.


Dálle a Xacob probas de fidelidade, a Abraham probas de amor: así llelo xuraches ós nosos pais desde os tempos antigos.


O Señor en cambio, é xusto, non comete nela inxustizas. Mañá tras mañá dá a súa xusta sentencia, e ó romper o día non falta, pero os malvados non coñecen a vergonza.


Relouca, filla de Sión, grita de ledicia, filla de Xerusalén. Velaí chega o teu rei, é xusto e protexido do Señor, humilde e montado nun burro, si, nun burriño fillo dunha burra.


Pois a Lei deuse por medio de Moisés; a graza e a verdade realizáronse por Xesús Cristo.


Entón Moisés pronunciou ata o final as palabras deste canto ós oídos de toda a asemblea de Israel:


Si, proclamarei o nome do Señor. Aclamade: a grandeza é do noso Deus.


Morreu alí Moisés, o servo do Señor, no país de Moab, conforme á declaración do Señor.


O Rei dos séculos, inmortal, invisible, único Deus: honra e gloria polos séculos dos séculos! Amén.


Ora, Moisés mereceu confianza coma criado, para poder testemuñar a toda a casa o que lle foran dicindo;


O que si habedes de coidar é cumprir o mandamento e a Lei que vos impuxo Moisés, servo do Señor, de xeito que amedes o Señor, o voso Deus, e vaiades polos seus camiños, e custodiedes os seus mandatos, para que vos afeccionedes a El e o sirvades de todo corazón e con toda a vosa alma".


Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén.


dicindo: "Dámosche grazas a ti, Señor, Deus que todo o sostén, que es e que eras por asumires o teu grande poder, e comezares a reinar.


Cantaban un cántico novo diante do trono e mais diante dos catro animais e dos anciáns. E ninguén podía aprender o seu canto, fóra dos cento corenta e catro mil, os que foran rescatados da terra.


E outro anxo, o segundo, viña despois dicindo: "Caeu, caeu a grande Babilonia!, que ten borrachas a todas as nacións co viño do furor das súas fornicacións".


Faranlle a guerra ó Año. Pero o Año venceraos: por algo é Señor de señores e Rei de reis; e tamén os vencerán os chamados, os escolleitos e os fieis que están con El".


Ten escrito no seu manto e na súa coxa un nome: "Rei de reis e Señor de señores".


porque verdadeiras e xustas son as súas sentencias. El condenou a gran Prostituta, que coa súa prostitución corrompeu o mundo, El vingou o sangue dos seus servos, que ela tiña no seu poder".


E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: "Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan