Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 13:4 - Biblia SEPT

4 e adorou o dragón, que tal poder lle dera á besta, dicindo: "Quen será coma a besta e quen poderá facer guerra en contra dela?".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 13:4
18 Iomraidhean Croise  

Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?


A quen me igualaredes e compararedes? A quen me asemellaredes coma a un igual?


pola súa incredulidade o deus deste mundo cegoulles o entendemento para que non vexan o esplendor do Evanxeo da gloria de Cristo, que é imaxe de Deus.


un pobo grande e de grande estatura son os fillos dos anaquitas, ós que ti non coñecías, aínda que ti mesmo oíches: Quen poderá resistir ante os fillos de Anac?


Aquel que se opón e se levanta contra todo o que se chame Deus ou que sexa digno de culto, ata chegar a sentarse el no templo de Deus, proclamando que el mesmo é Deus.


Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez cornos e nas cabezas sete diademas.


Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese.


Logo vin outra besta que subía da terra: tiña dous cornos semellantes ós do año e falaba coma o dragón.


Concedéuselle á segunda besta poder infundir espírito na imaxe da primeira, para facela falar e para que fixese que todos os que non adorasen a imaxe da besta fosen asasinados.


A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.


Faranlle a guerra ó Año. Pero o Año venceraos: por algo é Señor de señores e Rei de reis; e tamén os vencerán os chamados, os escolleitos e os fieis que están con El".


e, mirando para o fume da queima, comezaron a berrar, dicindo: "Que cidade houbo semellante á gran cidade?"


Quedou un refugallo de homes, que nin con estas pragas morreron nin se arrepentiron do culto dos deuses falsos. Non deixaron de adorar os demos e as imaxes de ouro, de prata, de bronce, de pedra e de madeira, que nin poden ollar nin oír nin camiñar.


Os israelitas, en canto o viron, fuxían, mortos de medo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan