Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 13:2 - Biblia SEPT

2 A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 13:2
27 Iomraidhean Croise  

El volveuse para atrás, mirounos e maldiciunos no nome do Señor. Entón saíron dous osos da carballeira e esnaquizaron a corenta e dous de entre os rapaces.


Salva a miña vida da espada; o meu único ben, da gadoupa do can;


Atope eu unha osa que perdeu as crías, e non ó parvo na súa tolemia!


León bruante, oso esfameado é o gobernante malvado que asoballa a un pobo pobre.


Ruxidos hai nel coma de leóns, ruxidos como de leonciños. Logo roxe e apreixa a presa, pona ben segura e non hai quen a salve.


Poderá cambiar a súa pel o etíope? O leopardo poderá cambiar a súa pelaxe pintada? O mesmo vós, seredes capaces de obrar ben, estando afeitos á ruindade?


por iso feriraos o león que sae da selva, devoraraos o lobo que sae da carpaceira, unha pantera está á espreita das súas cidades, esnaquizará a todos os que saian delas, porque multiplicaron os seus pecados e as súas apostasías.


Camiñarán tralo Señor, que ruxirá coma un león. Si, el ruxirá e os seus fillos virán tremendo desde occidente.


Así di Iavé: "Como salva o pastor das fauces do león dúas patas ou un anaco de orella, dese xeito hanse salvar os israelitas que moran en Samaría, coma un pé de diván ou un cabezal de leito.


Vai ser coma cando foxe un do león e vai dar co oso; logra aínda chegar á casa, apoia a man na parede, e mórdeo a cóbrega.


Os seus cabalos son máis áxiles cás panteras, máis mordedores cós lobos da tarde. Os seus cabalos galopan, si, os seus cabaleiros veñen de lonxe, voan coma a aguia que se lanza a pico para devorar.


Pero o Señor asistiume e deume forza para que eu rematase a predicación e todas as nacións a escoitaran. E libroume da boca do león.


Pero comede e bebede con regra. Alerta! Que o voso inimigo, o demo, bruando coma un león, anda ó arredor á procura de quen engulir.


E cando o dragón se decatou de que o botaran para a terra, perseguiu á muller que dera á luz o meniño.


A serpe botou pola boca auga, coma un río, detrás da muller, para envolvela na corrente do río.


Deus botou do ceo ó gran dragón, serpe antiga, chamado Satán e Satán, o que fai extraviar a todos os homes: botouno á terra; e ós seus anxos con el.


Exerce, baixo a ollada da primeira besta, a súa completa vontade: fai que toda a terra e os seus habitantes adoren a primeira besta, que curara da súa ferida mortal.


e adorou o dragón, que tal poder lle dera á besta, dicindo: "Quen será coma a besta e quen poderá facer guerra en contra dela?".


Despois, o quinto, verteu a súa cunca no trono da besta e o seu reino quedou cuberto de tebras. Coa dor comezaron a morder as propias linguas


Os dez cornos que viches, son dez reis, que aínda non recibiron a dignidade de reis; pero han recibir xuntamente coa besta poder coma de reis, anque só por unha hora.


Colleron presos a besta e mais o falso profeta que estaba con ela: o que fixo os prodixios, cos que descamiñou ós que recibiron a marca da besta e adornaron a súa imaxe; botáronos vivos ós dous na lagoa de xofre ardendo.


sei que onde vives é onde Satán ten o seu trono e que te mantés firme comigo e non negaches a fe en min nin cando Antipas, o meu mártir que tamén fiaba en min, caeu asasinado aí onda vós, onde vive Satán.


Con ela amarrou forte ó dragón, serpe antiga, que é Satán e Satán, e encadeouno para mil anos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan