A min non me tedes respecto? —é o Señor quen fala—. Non tremedes ante a miña presenza? Eu son o que puxen a area de lindeiro para o mar: marxe eterna que el non traspasa; enfurécense as súas ondas, pero non son capaces, revólvense, pero non traspasan a marxe.
Descamiña os habitantes da terra cos milagres que se lle permitiron facer diante da besta, dicíndolles que fagan imaxes en honor da besta, que tiña a ferida da espada pero recobrara a vida.
Concedéuselle á segunda besta poder infundir espírito na imaxe da primeira, para facela falar e para que fixese que todos os que non adorasen a imaxe da besta fosen asasinados.
Despois vin coma un mar de cristal mesturado con lume e os que saíron con ben da loita coa besta, coa súa imaxe e co número do seu nome, vinos de pé enriba do mar de cristal, con cítaras para o canto de Deus.
Logo vin que a besta, os reis do mundo e mais os seus exércitos se xuntaban para faceren a guerra contra o cabaleiro do cabalo e contra o seu exército.