No día aquel o Señor castigará coa súa espada dura, grande e poderosa, a Leviatán, a serpente fuxidía, a Leviatán, a serpente retorcida, matará o dragón que hai no mar.
Esperta, esperta e revístete de poder, brazo do Señor! Esperta coma nos días de antes, coma nas xeracións eternas. Acaso non fuches ti quen matou a Ráhab, e acoitelou ó Dragón?
Enrabexou o dragón contra a muller e foille facer a guerra ó resto da familia dela: ós que gardan os mandamentos de Deus e manteñen firme o testemuño de Xesús.
Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese.
A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.
Os dez cornos que viches, son dez reis, que aínda non recibiron a dignidade de reis; pero han recibir xuntamente coa besta poder coma de reis, anque só por unha hora.