Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 12:2 - Biblia SEPT

2 Estaba embarazada e berraba cos retorzóns e as dores do parto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 12:2
12 Iomraidhean Croise  

O mesmo que a muller que está para dar a luz se retorce e berra nas dores, así fomos nós por causa da túa presenza, Señor.


Polos traballos da súa vida verá a luz, alcanzará a sabedoría. O Xusto volverá xusto o seu Servo para o ben de moitos e as iniquidades destes el soportará.


Berra leda ti, estéril, a que non deches a luz, rompe en aclamacións, exulta ti, a que non sentiches as dores do parto, porque os fillos da abandonada serán moitos máis cós fillos da casada dixo o Señor.


Berros de tumulto saen da cidade, berros saen do templo. Berros! O Señor estalles pagando a débeda ós seus inimigos.


Agora, por que berras tan forte? Non tes un rei onda ti? Pereceu o teu conselleiro? Embárgate unha dor coma a de quen está a parir?


Manterase firme e pastoreará co poder do Señor, coa gloria do nome do Señor, o seu Deus, e cando se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:


e todo isto non será máis có comezo das dores.


A muller, cando vai dar á luz, ten tristura, pois chegou a súa hora; pero cando deu á luz o neno, xa non lle acorda o apuro, pola alegría de que naceu un home para o mundo.


Ai, meus filliños! Que me volven a aguilloar as dores do parto por vós, mentres non vos conformedes segundo a fasquía de Cristo!


porque está escrito: Alégrate ti, aínda que es erma e non dás á luz! Aturuxa, aínda que non che dean vido dores de parto: que a abandonada ha ter máis fillos cá que ten home!


Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan