Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 12:1 - Biblia SEPT

1 E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 12:1
35 Iomraidhean Croise  

e cando os príncipes de Babilonia lle enviaron mensaxeiros para se informaren do prodixio que sucedera no seu país, se Deus o abandonou foi para pólo á proba e coñecer as súas intencións.


envolto en luz coma nun manto. Ti estendes o ceo coma unha tenda,


Un día nos teus adros vale por máis de mil: eu prefiro o limiar da casa do meu Deus que habitar na tenda dos malvados.


—"Quen é esta que está a xurdir coma a alborada, fermosa coma a lúa chea, a brillar coma o sol, terrible cal batallón, pendóns ó vento?


Exultarei ledo polo Señor, e a miña alma brincará de xúbilo polo meu Deus, xa que me fixo vestir roupas da salvación e envolveume co manto da xustiza, coma o noivo que veste solemnemente o turbante, e coma a noiva que se adorna coas súas xoias.


Serás coroa preciosa na man do Señor e turbante rexio na palma da man do teu Deus.


O día aquel o Señor, o seu Deus, salvaraos, porque eles son o rabaño do seu pobo, porque as pedras da súa diadema relocen sobre a terra.


Entón, para replicar, algúns letrados e fariseos dixéronlle: Mestre, queremos ver un sinal teu.


Entón aparecerá o sinal do Fillo do Home no ceo. E todas as razas da terra daranse golpes no peito, vendo chegar o Fillo do Home enriba das nubes, con moito poder e gloria.


As estrelas caerán do ceo, abalarán as potencias do ceo.


haberá grandes terremotos, pestes e fames en diversos lugares; cousas espantosas, e grandes sinais no ceo.


Haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra as nacións tremerán coa angustia ante o bruar do mar e das ondas;


A esposa tena o esposo; con todo, o amigo do esposo que está presente e o escoita alégrase de todo corazón coa súa voz. Así é a miña alegría, que agora chega ó seu máximo.


Farei marabillas, enriba nos ceos, e sinais embaixo na terra: Sangue e lume e bafaradas de fume.


En lugar diso vestídevos do Señor Xesús Cristo, e non lles fagades caso ós baixos apetitos.


Esta é a xustiza de Deus por medio da fe en Xesús Cristo, para todos os que cren. Porque non hai distinción ningunha:


É que sinto celos de vós, os celos de Deus, pois quíxenvos desposar cun único marido, presentándovos a Cristo coma unha virxe pura.


porque ós que vos bautizaron en Cristo, vestíronvos de Cristo.


En cambio a Xerusalén de arriba é libre. Esta é a nosa nai,


Pero a min Deus me libre de gabarme en algo que non sexa a cruz de Cristo, na que o mundo está crucificado para min como eu para o mundo.


Grande misterio é este e eu refíroo a Cristo e á Igrexa.


O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.


E abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario. Entón houbo lóstregos, berros, tronos, un terremoto e unha grande sarabiada.


Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez cornos e nas cabezas sete diademas.


Logo vin outro grande e admirable sinal no ceo: sete anxos coas sete pragas; as derradeiras, pois a ira de Deus chega con elas ó cabo.


A muralla da cidade tiña doce alicerces e sobre os alicerces, doce nomes, que son os dos doce Apóstolos do Año.


A cidade non precisa sol nin lúa que a ilumine, que a ilumina a gloria de Deus; e o Año é a súa lámpada.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan