Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 11:3 - Biblia SEPT

3 Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 11:3
43 Iomraidhean Croise  

Xacob rachou os seus vestidos, cubriuse de saco e fixo por moito tempo loito polo fillo.


David ordenoulles a Ioab e ós soldados que tiña con el: —"Rachade as vosas vestiduras, cinguídevos co saco e póndevos de loito por Abner". E o rei mesmo ía camiñando tras do féretro.


Cando Acab oíu estas palabras, rachou as súas vestiduras vestiuse de saco e xaxuou.


Cando o rei Ezequías o oíu, rachou as súas vestiduras e vestiuse de saco, e entrou no templo do Señor.


David alzou os ollos e viu o anxo de Iavé entre a terra e o ceo, tendo na súa man a espada desenvaiñada, volta contra Xerusalén. Entón David e os anciáns, vestidos de saco, caeron sobre os seus rostros.


O vinte e catro do mesmo mes, os israelitas, vestidos de saco e cinsa, reuníronse para un xaxún.


Levo un saco cosido á miña pel e humillei no po o meu vigor.


Se me aflixo co xaxún, fan escarnio de min;


No día aquel o meu Señor, Deus de Israel, fixo unha chamada ó pranto e á lamentación, a raparse e vestirse de saco.


mira que hoxe te fago inspector sobre as nacións e sobre os reinos, para arrincar e derrubar, para destruír e arruinar, para construír e plantar.


(Iod) Os anciáns da filla de Sión están sentados no chan, choran, botan po sobre a cabeza, vístense de saco, as mozas de Xerusalén abaixan a cabeza ata a terra.


O acabares estes días, déitate de novo para o lado dereito, para cargares coas iniquidades da casa de Xudá durante corenta días, día por ano: márcoche o tempo, día por ano.


Vestídevos para facer loito, sacerdotes, facede lamentacións, servidores do altar. Vinde pasar a noite vestidos de saco, servidores do meu Deus, porque a casa do Señor está privada da ofrenda e mais da libación.


Os homes de Nínive creron en Deus e proclamaron o xaxún. Vestíronse de saco desde o máis grande ó máis pequeno.


cúbranse de saco homes e animais, e clamen con forza a Deus. Convértase cada un do seu mal camiño e da violencia que se lle apegou ás mans.


Quedaran no campamento dous homes, un deles chamado Eldad e o outro Medad. O espírito repousou tamén sobre eles, pois figuraban entre os inscritos, aínda que non saíran para a Tenda, e profetizaron no campamento.


Ai de ti, Corozaín! Ai de ti, Betsaida! Porque se en Tiro e Sidón se fixesen os milagres que se fixeron en vós, hai xa tempo que facían penitencia cubertas de saco e de cinsa.


Se non te escoita, leva contigo un ou dous, para que por medio de dúas ou tres testemuñas quede resolto o asunto.


Ai de ti, Corozaín! Ai de ti, Betsaida! Porque se en Tiro e Sidón se fixesen os milagres que se fixeron en vós, hai ben tempo que facían penitencia, cubertos de saco e de cinsa.


Vós seredes testemuñas de todo isto.


e tamén vós daredes testemuño, pois levades comigo desde o comezo.


Xoán contestou: Ninguén pode recibir nada, se non lle vén dado do ceo.


Pero recibiredes a forza do Espírito Santo, que virá sobre vós e seredes as miñas testemuñas en Xerusalén, en toda a Xudea e Samaría e ata os confíns da terra.


e durante moitos días apareceuse ós que subiran con El de Galilea para Xerusalén, que son agora as súas testemuñas diante do pobo.


A este Xesús resucitouno Deus, cousa da que todos nós somos testemuñas.


mentres que matastes ó dono da vida, a quen Deus resucitou de entre os mortos; disto nós somos testemuñas.


Na Igrexa dispuxo Deus primeiro apóstolos, logo profetas, en terceiro lugar mestres. Despois os que teñen poder de facer milagres; finalmente os que teñen don de curacións, de asistencia, de goberno, de falar distintas linguas.


Vou ir por terceira vez onda vós. Todo asunto resolverase baseándose na palabra de dúas ou tres testemuñas.


E a uns fíxoos apóstolos; a outros, profetas; a outros, mensaxeiros do Evanxeo; e a outros, pastores e mestres,


O que ha morrer será morto pola declaración de dúas ou de tres testemuñas: non será morto pola declaración dunha soa testemuña.


Unha testemuña non se presentará soa contra un home por calquera crime, por calquera pecado e por calquera falta que cometa; o ditame xudicial establecerase pola declaración de dúas testemuñas ou pola declaración de tres.


e de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro en renacer da morte e soberano dos reis da terra. A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue


Pero o adro que está fóra do santuario, déixao de lado e non o midas, que llelo deron ós pagáns, que pisarán a cidade santa durante corenta e dous meses.


Eles teñen poder para pechar o ceo, de xeito que non chova durante os días do seu profetizar. Teñen poder de converter a auga en sangue e de castigar a terra con calquera tipo de praga cantas veces queiran.


E a muller fuxiu para o deserto, onde lle tiña Deus un lugar axeitado para a manter alí mil douscentos sesenta días.


E déuselle ó dragón unha boca para dicir arrogancias e blasfemias e concedéuselle o poder para facelo ó longo de corenta e dous meses.


Boteime ós seus pés para o adorar; pero el díxome: "Non, non o fagas! Son un servo de Deus igual ca ti e cós teus irmáns, que manteñen o testemuño de Xesús. Adora a Deus, que dar testemuño de Xesús é ter espírito profético".


Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselles o poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mais as dos que non se prostraron para adorar a besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan