Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 11:2 - Biblia SEPT

2 Pero o adro que está fóra do santuario, déixao de lado e non o midas, que llelo deron ós pagáns, que pisarán a cidade santa durante corenta e dous meses.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 11:2
32 Iomraidhean Croise  

Salmo de Asaf. As xentes entraron, Deus, na túa herdade, profanaron o teu santo templo, reduciron Xerusalén a unha ruína.


Chámanse a si mesmos co nome da cidade santa e apóianse no Deus de Israel, que ten de nome Señor Todopoderoso.


Pois agora vouvos dicir o que lle vou facer á miña viña: quitarlle o valado para que sirva de pasteiro, romperlle a cerca e que se volva un torreiro.


"Esperta, esperta, revístete do teu poder, Sión!; viste os teus vestidos de esplendor, Xerusalén, Cidade Santa!, que non seguirán entrando en ti nin incircunciso nin impuro.


(Iod) O opresor estendeu a súa man sobre as cousas apetecidas. Si, ve como os xentís entran no seu santuario, si, aínda que ti mandaches que non entrasen na túa asemblea.


O acabares estes días, déitate de novo para o lado dereito, para cargares coas iniquidades da casa de Xudá durante corenta días, día por ano: márcoche o tempo, día por ano.


Mediu o templo polas catro caras: tiña un muro todo arredor de cincocentas canas de longo por cincocentas de ancho, para separar o santo do profano.


Conforme os corenta días que tardastes en explorar o país, pagaredes a pena das vosas iniquidades: por cada día un ano, isto é, corenta anos; así saberedes o que é o meu castigo.


E despois que el resucitou saíron dos sepulcros, entraron na cidade santa e aparecéronselles a moitos.


Levouno logo o Satán á cidade santa, e púxoo na atalaia do templo,


Vós sodes o sal da terra. Pero se o sal se volve insulso, con que se vai salgar? Para nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.


Caerán baixo a espada, levaranos presos a todos os países do mundo, e os pagáns esmagarán cos pés a Xerusalén, ata que se lles cumpra tamén o tempo ós pagáns.


Canto peor castigo coidades que merecerá un que tripou no Fillo de Deus, que considerou cousa profana o sangue da alianza, co que fora consagrado, e que aldraxou ó Espírito da graza?


Despois destes tres días e medio, un espírito vivificador mandado por Deus entrou neles e puxéronse en pé. Os que miraban para eles entroulles un gran medo.


Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.


E a muller fuxiu para o deserto, onde lle tiña Deus un lugar axeitado para a manter alí mil douscentos sesenta días.


Levoume en espírito á cima dun monte moi grande e alto e amosoume a cidade santa, Xerusalén, que baixaba do ceo de onda Deus;


Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo.


E se alguén quita algo do contido neste libro profético, Deus quitaralle a súa participación da árbore da vida e da cidade santa, descritas neste libro.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan