Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 10:5 - Biblia SEPT

5 E o anxo, que eu vira afincado no mar e na terra, ergueu a súa man dereita cara ó ceo

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 10:5
29 Iomraidhean Croise  

Pero Abram respondeulle: —"Xuro polo Señor, o Deus Altísimo, que fixo ceo e terra,


Ti es, Señor, o único Deus, que fixeches os ceos, os ceos dos ceos e todo o seu exército, a terra e canto nela se atopa, os mares e todo canto conteñen. Fuches ti quen lles deu vida a todos, e o exército dos ceos se prosterna diante de ti.


Feliz quen ten no Deus de Xacob a súa axuda, no Señor, o seu Deus, a súa esperanza.


Porque o Señor fixo en seis días o ceo, a terra, o mar e todo o que hai neles, e no sétimo día descansou. Por iso mesmo bendiciu o Señor o día do sábado e declarouno día santo.


Levareivos á terra que xurei darlles a Abraham, a Isaac e a Xacob, e daréivola a vós en posesión. Eu, Iavé".


Pero volvín xurarlles no deserto, coa man levantada, que non os levaría á terra que lles dera, que deita leite e mais mel, e que é a máis gloriosa de todas as terras;


Volvín xurar coa man levantada contra eles no deserto que os dispersaría entre os pobos e que os esparexería entre os países,


Eu tróuxenos ó país que, coa miña man levantada, xurara llelo dar a eles; pero eles, ó veren calquera outeiro elevado ou calquera árbore enramallada, ofreceron alí os seus sacrificios, deron alí as súas ofrendas provocadoras, puxeron alí os perfumes que, segundo eles, aplacan e verteron alí as súas libacións.


E vós recoñeceredes que eu son Iavé, cando vos faga entrar na terra de Israel, no país que, coa man levantada, lles xurara dar a vosos pais.


has de lles dicir: así fala o meu Señor, Iavé: —O día no que eu escollín a Israel, xureille coa miña man erguida á liñaxe da Casa de Xacob, cando me dei a coñecer a eles, xureilles coa man levantada: Eu son o Señor, o voso Deus.


Pero así fala o meu Señor, Iavé: —Eu xuro coa miña man levantada que as nacións que están ó voso arredor, elas cargarán coa súa ignominia.


Repartiredes a terra, tocándolle a cada un o mesmo có seu irmán, xa que eu xurei coa man levantada, que llela daría ós vosos pais, e por iso esta terra tocaravos a vós en partes de herdanza.


berrando: Que facedes? Nós non somos máis ca homes coma vós, e o que vos predicamos é que deixedes eses falsos ídolos e vos convertades ó Deus vivo que fixo o ceo, a terra, o mar e todo o que hai neles.


pois andando por aí e mirando para os vosos monumentos de culto, incluso atopei un altar con esta inscrición: "O deus descoñecido". Ben, pois o que venerades sen o coñecer, é o que eu vos anuncio:


Porque o que de Deus é invisible, é dicir, a súa potencia eterna e a súa divindade, resúltalle visible, desde que o mundo é mundo, a quen reflexiona sobre as súas obras; de xeito que non teñen escusa.


Si, levantarei a miña man ao ceo e direi: Pola miña vida, así será para sempre!


Porque cando Deus fixo a promesa a Abraham, en vistas de que non tiña outro máis grande por quen xurar,


o que vive; estiven morto pero repara en que estou vivo polos séculos dos séculos e teño as chaves da Morte e do lugar dos mortos.


Tiña na man un libriño aberto e puxo o pé dereito no mar e o esquerdo na terra.


Dicía a berros: "Respectade a Deus, dádelle gloria! Porque xa chegou a hora do seu xuízo; e adorade o Creador do ceo e da terra, do mar e das fontes das augas".


Logo o sétimo verteu a súa cunca no aire e entón saíu un berro do santuario, de onda o trono, que dicía: "Xa está!".


"Merecente es, noso Señor e Deus, de recibir gloria, honra e poder, porque ti es quen o creaches todo: pola túa vontade existe e foi creado".


E cada vez que lle daban gloria, honra e grazas a quen está sentado no trono, que vive polos séculos dos séculos,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan