Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 10:3 - Biblia SEPT

3 Berrou con toda a forza, coma o brado do león; e, en berrando, falaron os sete tronos coas súas propias voces.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 10:3
16 Iomraidhean Croise  

Unha voz: "O Señor sobre as augas, o Deus glorioso fai tronar, o Señor sobre as moitas augas".


Bruar de león é a xenreira do rei, mais coma orballo na herba é o seu favor.


Díxome así o Señor: "Como roxe o león, o cachorro do león, pola súa presa, cando acode contra el o grupo de pastores, que cos seus berros non o asustan nin co seu barullo o espantan, así baixará o Señor dos Exércitos para facer guerra sobre o monte Sión, sobre o seu outeiro.


O Señor sae coma un heroe, coma un guerreiro excita a súa bravura, berra, bota aturuxos de guerra, contra os seus inimigos mostra o seu poder:


Ruxidos hai nel coma de leóns, ruxidos como de leonciños. Logo roxe e apreixa a presa, pona ben segura e non hai quen a salve.


Ti proclama contra eles todos estes oráculos e dilles: "O Señor roxe desde o alto, lanza a súa voz desde a súa santa morada; roxe contra as súas posesións, lanza berros, coma os dos que pisan no lagar, a todos os habitantes do mundo".


Entón o ruído das ás dos querubíns oíuse ata o adro exterior: era coma a voz de Deus todopoderoso, cando fala.


Camiñarán tralo Señor, que ruxirá coma un león. Si, el ruxirá e os seus fillos virán tremendo desde occidente.


Velaquí o que dixo: "Brama Iavé desde Sión, desde Xerusalén ergue a súa voz e murchan os pasteiros dos pastores, seca o cumio do Carmelo".


Berrou o león, quen non tremerá? Falou o Señor Iavé, quen non profetizará?


E oín unha voz desde o ceo coma o bruído dunha gran tormenta de auga e tronos; a voz que oín semellaba a duns arpistas, floreando nas súas arpas.


Logo vin outro grande e admirable sinal no ceo: sete anxos coas sete pragas; as derradeiras, pois a ira de Deus chega con elas ó cabo.


E unha das catro bestas deulles ós sete anxos sete cuncas de ouro cheas da ira do Deus que vive polos séculos dos séculos.


Do trono saían lóstregos, berros e trebóns. Sete fachos de lume ardían diante do trono, que son os sete espíritos de Deus.


Colleu o anxo o incensario, encheuno co rescaldo do altar e botouno na terra: houbo lóstregos, berros, tronos e un terremoto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan