2 Tiña na man un libriño aberto e puxo o pé dereito no mar e o esquerdo na terra.
Pídeme, e dareiche por herdade as nacións; por posesión, os termos da terra.
Feliz o que ti elixes e acolles para morar nos teus adros. Fartarémonos cos bens da túa casa e coas ofrendas sagradas do teu templo.
Desde o occidente respectarán o Nome do Señor, e desde o nacente do sol a súa gloria, pois virá como río apertado, que dirixe o Espírito do Señor.
Xesús, achegándose, díxolles: Déuseme todo poder no ceo e mais na terra.
E o anxo, que eu vira afincado no mar e na terra, ergueu a súa man dereita cara ó ceo
E mirei, cando o Año abriu o primeiro dos sete selos e oín que un dos catro animais berraba con voz de trebón: "Ven".
E cando abriu o segundo selo, oín que o segundo animal dicía: "Ven".