1 E vin que outro anxo forte baixaba do ceo, envolto nunha nube co arco iris sobre a súa cabeza; o aspecto da súa cara era coma o sol e as pernas coma columnas luminosas.
Oráculo contra Exipto. Velaí o Señor montado nunha nube lixeira; vai a Exipto, tremen os seus deuses por mor da súa presenza, o corazón de Exipto derrétese nos seus adentros.
Si, nos días de Noé aconteceume isto: xurei que as augas de Noé non volverían cruzar sobre a terra, así tamén xurei que non me enfadaría contra ti nin te ameazaría.
Coma o aspecto do arco que hai nas nubes un día de chuvia, así era o aspecto e resplandor que había ó arredor. Era o aspecto da forma da gloria de Iavé. O ollala, caín rostro en terra e oín unha voz que falaba.
Díxolle o Señor a Moisés: "Dille a Aharón, teu irmán, que non entre a toda hora no santuario, máis alá do veo, que está diante do propiciatorio que tapa a arca, para que non teña que morrer, porque me lle hei aparecer na nube enriba do propiciatorio.
Entón un anxo forte ergueu unha pedra coma unha grande moa de muíño e botouna no mar dicindo: "Con forza coma esta han botar a Babilonia, a gran cidade, e non a atoparán máis.
E mirei e oín o que berraba con voz potente unha aguia, que estaba voando polo medio do ceo: "Ai, ai, ai dos veciños da terra, por cousa dos outros toques de trompeta, que tres anxos van tocar!"