O Deus de teu pai é a túa axuda, o Deus todopoderoso bendí o teu ser con bendicións de arriba, do ceo, con bendicións de abaixo, do abismo, con bendicións de peitos e seo.
Vós sodes as miñas testemuñas —é o Señor quen fala—; si, o meu servo que eu escollín, para que me coñezades e creades en min, e para que recoñezades que só eu son. Antes de min non foi formado ningún deus, e despois de min non existe ningún.
Oh, que grande a súa Soberanía! A paz non terá fin no trono de David e no seu reino, para afincalo e para afirmalo, co dereito e coa xustiza, desde agora e para sempre. O celo do Señor dos Exércitos fará isto.
que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".
Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono;
Cantaban a cántiga do servo de Deus, Moisés, e a cántiga do Año, dicindo: "Grandes e admirables son as túas obras, Señor Deus, que todo o sostés; xusto e fiel é o teu comportamento, Rei das nacións.
Da boca sáelle unha espada ben afiada, para ferir con ela os xentís: ha de os rexer cun caxato de ferro e pisa a moxega do viño rabioso da ira de Deus, que todo o sostén.
Logo oín algo coma o algareo dunha gran multitude, coma o ruxido das augas abundantes e coma o estrondo dun forte trono, que dicía: "Aleluia! Porque comeza o Reino do Señor, o noso Deus, que todo o sostén.
E seguiu dicindo: "Xa están renovadas: eu son o Alfa e o Omega, o Principio e a Fin. A quen teña sede, heille dar de beber gratis auga das fontes da vida.
E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: "Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir".