Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 1:7 - Biblia SEPT

7 Velaquí vén nas nubes, e todo ollo o verá, mesmo aqueles que o traspasaron: por el baterán no peito todas as razas da terra. Certo. Amén.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 1:7
36 Iomraidhean Croise  

cando lle rogue a Deus, halle ser propicio, verá o seu rostro entre aturuxos, mentres lle anuncia ó home a súa saúde.


A miña gorxa está reseca, coma tella, a lingua apegada ó padal: botáchesme no po da morte.


Do mestre do coro. Salmo de David, cántiga.


Rodéano nubes e néboa, xustiza e rectitude sosteñen o seu trono.


Oráculo contra Exipto. Velaí o Señor montado nunha nube lixeira; vai a Exipto, tremen os seus deuses por mor da súa presenza, o corazón de Exipto derrétese nos seus adentros.


O Señor vai de vagar para a ira, pero é grande en poder, e non deixa sen castigo a ninguén. (Bet) Ten o seu vieiro no furacán e na tormenta, as nubes son o po dos seus pés.


Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.


No día aquel será grande a lamentación en Xerusalén coma a lamentación de Hadad-Rimón no val de Meguido.


Véxoo, pero non neste intre; eu avístoo, pero non de cerca: saíu unha estrela de Xacob, e xurdiu un caxato de Israel; crebou as ladeiras de Moab e abateu todos os fillos de Xet.


Porque o Fillo do Home ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a cadaquén conforme á súa conduta.


Tende por seguro que algúns dos aquí presentes non morrerán sen veren antes o Fillo do Home vir no seu Reino.


Entón aparecerá o sinal do Fillo do Home no ceo. E todas as razas da terra daranse golpes no peito, vendo chegar o Fillo do Home enriba das nubes, con moito poder e gloria.


Cando veña o Fillo do Home na súa gloria e todos os anxos con el, sentará no seu trono glorioso.


Xesús contestou: Ti o dixeches. E dígovos máis: A partir de agora ides ver como o Fillo do Home senta á dereita do Todopoderoso e vén entre as nubes do ceo.


Entón verán vir o Fillo do Home sobre as nubes con grande poder e gloria.


Xesús contestoulle: Eu son. E habedes ver o Fillo do Home, sentado á dereita do Todopoderoso, vir entre as nubes do ceo.


Entón verán o Fillo do Home vir sobre unha nube con grande poder e gloria.


senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza; e no instante saíu sangue e auga.


E noutro lugar di: Han mirar para quen traspasaron.


e para agardar desde o ceo, ó seu Fillo, a quen resucitou de entre os mortos, Xesús, quen nos libra da ira vindeira.


despois, nós, os que quedemos vivos, seremos arrebatados xunto con eles nas nubes, para irmos ó encontro do Señor no aire e así estaremos sempre co Señor.


Canto peor castigo coidades que merecerá un que tripou no Fillo de Deus, que considerou cousa profana o sangue da alianza, co que fora consagrado, e que aldraxou ó Espírito da graza?


estes, se apostatan, é imposible que se renoven co arrepentimento, xa que polo que a eles toca seguen crucificando o Fillo de Deus e escarnecéndoo publicamente.


Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma el, xa que o veremos tal e como é.


Destes tamén profetizou Henoc, o sétimo despois de Adán, cando dixo: "Velaquí vén o Señor rodeado de milleiros de anxos,


Quen testemuña estas cousas, di: "Si, veño axiña". Amén! Ven, Señor Xesús!


Verano cara a cara e levarán o seu nome escrito na fronte.


Así morran os teus inimigos, Iavé; e sexan os que te aman coma o sol cando se ergue, cheo de esplendor". E descansou o país durante corenta anos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan