Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 1:5 - Biblia SEPT

5 e de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro en renacer da morte e soberano dos reis da terra. A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 1:5
53 Iomraidhean Croise  

Cando o veu ver Natán o profeta, despois de se ter xuntado David con Batxeba.


Postraranse ante el todos os reis da terra, servirano todas as nacións.


El dirame: —Ti es meu pai, meu Deus, rocha da miña salvación.


Testemuña de lei non mente, testemuña falsa burbulla mentiras.


Velaí: fareino pregoeiro das nacións, príncipe e lexislador das nacións.


O vestido, ou o urdido ou o tecido ou a peza de coiro que, ó lavalo, lle desaparece a mancha, lavarase outra vez, e será puro.


No día aquel haberá unha fonte de auga corrente para a casa de David e para os habitantes de Xerusalén, por culpa do pecado e da inmundicia.


porque o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entregar a súa vida en rescate por todos.


Xesús, achegándose, díxolles: Déuseme todo poder no ceo e mais na terra.


Antes da festa da Pascua, sabía Xesús que lle chegara a hora de pasar deste mundo para onda o Pai; e xa que amara ós seus que estaban no mundo, amounos ata a fin.


Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós.


Coma me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor.


Díxolle entón Pilato: Logo ti es Rei? Xesús respondeu: Tal como o estás dicindo, eu son Rei: para iso nacín e para iso vin ó mundo, para dar testemuño da verdade; todo o que está aberto á verdade, escoita a miña voz.


Con toda verdade cho aseguro: falamos do que coñecemos e testemuñamos o que vimos, pero vós non aceptáde-lo noso testemuño.


Pois de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.


do que viu e oíu, disto dá testemuño; pero ninguén acepta o seu testemuño.


Coidade de vós e de todo o rabaño do que o Espírito Santo vos constituíu inspectores, para pastoreardes a Igrexa que Deus comprou co sangue do seu propio Fillo.


que o Mesías tiña que padecer e que, resucitado o primeiro de entre os mortos, anunciaríalles a luz ó noso pobo e ós pagáns.


Pois Deus púxoo a El coma propiciatorio no que, pola fe, se expían os pecados mediante o seu sangue. Así mostra que era xusto cando deixaba sen castigo os pecados cometidos antes,


Pero en todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos amou.


E iso erades algúns de vós. Pero xa vos lavastes, xa vos consagraron e xa quedastes xustificados no nome do Señor Xesús Cristo e no Espírito do noso Deus.


e vivo: mais xa non vivo eu; é Cristo quen vive dentro de min. E aínda que agora vivo unha vida mortal, vivo na fe do Fillo de Deus, que me amou e que se deu en sacrificio por min.


Pero Deus, que é farturento en misericordia, polo grande amor que nos amosou


e camiñade no amor, igual ca Cristo, que vos amou e que se entregou por nós coma ofrenda e vítima a Deus de recendo agradable.


A tribo de Leví non terá herdanza no medio dos seus irmáns: o Señor será a súa herdanza, tal como llo prometeu.


polo feito de que non vos saíron ao encontro con pan e auga ao voso camiño, cando saístes de Exipto, e polo feito de que alugaron contra vós a Balaam, fillo de Beor, natural de Petor en Mesopotamia, para maldicirte.


senón que foi polo amor do Señor para vós e por manter El o xuramento que lles fixera ós vosos pais, polo que o Señor vos sacou con man forte e vos rescatou da situación de escravitude, do poder do faraón, rei de Exipto.


É tamén a cabeza do corpo o corpo é a Igrexa. El é o principio, o primeiro en nacer de entre os mortos, de xeito que en todo sexa sempre o primeiro.


Mándocho ante Deus, que fai vivir todas as cousas, e ante Cristo Xesús, que con tan magnífica confesión deu testemuño ante Poncio Pilato:


No seu debido tempo amosarao o Deus bendito e único podente, Rei dos reis e Señor dos señores.


Canto peor castigo coidades que merecerá un que tripou no Fillo de Deus, que considerou cousa profana o sangue da alianza, co que fora consagrado, e que aldraxou ó Espírito da graza?


moito máis o sangue de Cristo (que movido polo Espírito que animou toda a súa vida, se ofreceu a si mesmo a Deus, coma vítima sen mancha) limpará a nosa conciencia das obras de morte, para así servirmos o Deus vivo.


senón que vos rescataron co precioso sangue de Cristo, Año sen defecto nin tacha.


Pero se nós vivimos na Luz, do mesmo xeito que El está na Luz, entón estamos en comuñón uns cos outros e o sangue de Xesús, o seu Fillo, estanos purificando de todos os pecados.


Hai amor dentro de nós, non porque nós teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para que expiase os nosos pecados.


Logo tocou o sétimo anxo e oíronse uns fortes berros desde o ceo, que dicían: "O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías! El reinará polos séculos dos séculos".


Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.


Faranlle a guerra ó Año. Pero o Año venceraos: por algo é Señor de señores e Rei de reis; e tamén os vencerán os chamados, os escolleitos e os fieis que están con El".


Despois vin o ceo aberto. E apareceu un cabalo branco; o cabaleiro que o monta chámase Fiel e Verdadeiro, xulga e loita con xustiza.


Ten escrito no seu manto e na súa coxa un nome: "Rei de reis e Señor de señores".


sei que onde vives é onde Satán ten o seu trono e que te mantés firme comigo e non negaches a fe en min nin cando Antipas, o meu mártir que tamén fiaba en min, caeu asasinado aí onda vós, onde vive Satán.


Ó anxo da Igrexa de Laodicea escríbelle: Isto di o Amén, a testemuña fiel e lexítima, o comezo da creación de Deus:


Eu respondinlle: "Meu Señor, ti xa o sabes". E díxome: "Estes son os que veñen de pasar as súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan