4 Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono;
Descansará sobre el o Espírito do Señor, espírito de sabedoría e discernimento, espírito de consello e fortaleza, espírito de ciencia e temor do Señor.
Porque así fala o Altísimo, o Excelso, o que reside na sala do seu trono, que ten de Nome o Santo: "Eu resido no templo celeste, (pero) tamén co humillado e co de espírito abatido, para reanimar o espírito dos abatidos, e para revitalizar o corazón dos humillados.
Si, velaí a pedra que puxen diante de Iehoxúa: sobre esta pedra única hai sete ollos: nela vou esculpir o seu gravado —é o Señor dos Exércitos quen fala— e no mesmo día quitarei a iniquidade deste país.
A quen desprezou o día dos pequenos comezos? Que se alegren ó ver a pedra da chumbada na man de Zerubabel. Estes sete bicos son os ollos do Señor que percorren toda a terra".
A todos os predilectos de Deus, que estades en Roma, chamados a serdes santos, deséxovos graza e paz de parte de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.
Revelación de Xesús Cristo que Deus lle outorgou, para que el lles mostrase ós seus servos o que ten que acontecer axiña. E fíxoa coñecer, mandándolla polo seu anxo ó seu servo Xoán,
que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".
O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.
Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús.
Eu, Xesús, mandeivos o meu anxo, para que vos dese testemuño de todo isto que se refire ás igrexas. Eu son o renovo e a descendencia de David, o luceiro brillante da mañá".
Ó anxo da Igrexa de Sardes escríbelle: Isto di quen ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas: coñezo as túas obras: tes sona de estar vivo, pero estás morto.
Ó anxo da Igrexa de Filadelfia escríbelle: Isto di o Santo, o Verdadeiro, quen ten a chave de David, quen, se el abre, ninguén pecha, e, se el pecha, ninguén abre:
E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: "Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir".
E vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus, mandados a toda a terra.