Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 1:2 - Biblia SEPT

2 que é testemuña da palabra de Deus e do propio testemuño de Xesús Cristo, dicindo canto viu.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 1:2
22 Iomraidhean Croise  

E Xoán seguiu testemuñando: Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del.


As persoas que estaban con el cando mandara a Lázaro saír da sepultura e o resucitara de entre os mortos, daban público testemuño.


Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade, para que tamén vós creades.


Este é o discípulo que dá testemuño destas cousas e o que as escribiu; e sabemos que o seu testemuño é verdadeiro.


Con toda verdade cho aseguro: falamos do que coñecemos e testemuñamos o que vimos, pero vós non aceptáde-lo noso testemuño.


porque lle has ser testemuña diante de todos os homes do que viches e sentiches.


Pero érguete e ponte dereito, pois aparecinme a ti para te poñer coma servidor e testemuña do que de min viches e do que che amosarei,


porque non podemos deixar de falar do que temos visto e sentido.


e así confirmouse solidamente entre vós o testemuño en favor de Cristo.


En canto a min, irmáns, cando cheguei onda vós, non cheguei exhibindo elocuencia nin saber para anunciarvos o misterio de Deus.


O que pasou desde o comezo, o que temos oído, o que teñen visto os nosos ollos, o que contemplamos nós e palparon as nosas mans, a saber, a Palabra que é a vida


Nós mesmos o contemplamos e por iso testemuñamos que o Pai mandou o seu Fillo coma salvador do mundo.


Do Demetrio todos falan ben e falan a verdade. E nós tamén falamos o ben e sabes que o noso testemuño é conforme a verdade.


que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".


Escribe, logo, todo o que ves, o que hai e o que ha vir despois disto.


Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús.


Pero eles vencérono grazas ó sangue do Año, e pola forza do testemuño que deron, e porque quixeron máis morrer que vivir neste mundo.


Enrabexou o dragón contra a muller e foille facer a guerra ó resto da familia dela: ós que gardan os mandamentos de Deus e manteñen firme o testemuño de Xesús.


Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselles o poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mais as dos que non se prostraron para adorar a besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos.


A graza do Señor Xesús vos acompañe a todos!


E cando abriu o quinto selo, vin baixo o altar as ánimas dos degolados por mor da palabra de Deus, e por gardaren ben o seu testemuño.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan