Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 1:11 - Biblia SEPT

11 que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 1:11
37 Iomraidhean Croise  

Ó anxo da Igrexa de Sardes escríbelle: Isto di quen ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas: coñezo as túas obras: tes sona de estar vivo, pero estás morto.


Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono;


Respondeume o Señor e díxome: Escribe a visión e grávaa en taboíñas, para que se lea de corrido,


Así fala o Señor, o Deus de Israel: Escribe para o teu servizo todas as palabras que eu che dite.


Ó anxo da Igrexa de Laodicea escríbelle: Isto di o Amén, a testemuña fiel e lexítima, o comezo da creación de Deus:


Ó anxo da Igrexa de Filadelfia escríbelle: Isto di o Santo, o Verdadeiro, quen ten a chave de David, quen, se el abre, ninguén pecha, e, se el pecha, ninguén abre:


Ó anxo da Igrexa de Tiátira escríbelle: Isto di o Fillo de Deus, que ten os seus ollos coma a chama do lume e os pés semellantes ó metal:


Ó anxo da Igrexa de Pérgamo escríbelle: Isto di quen ten a espada de dous fíos ben afiada:


Ó anxo da Igrexa de Esmirna escríbelle: Isto di o Primeiro e o Ultimo, o que estivo morto pero volveu á vida.


Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por vontade de Deus, ós cristiáns e crentes en Xesús Cristo:


Agora vai, escríbeo nunha táboa, ven e grávao nunha lousiña, que sirva para os días futuros, de testemuña para sempre,


O que estaba sentado no trono dixo: "Vede que volvo novas todas as cousas". E mandóuseme: "Escribe, porque estas palabras merecen fe e din a verdade".


Logo o anxo díxome: "Escribe: Benia os que están convidados ó xantar das vodas do Año!". E volveume dicir: "Estas son cousas verdadeiramente propias de Deus".


E oín unha voz do ceo que me dicía: "Escribe: Benia os mortos que, de agora en diante, morran no Señor. Si di o Espírito, que descansen das súas fatigas, porque as súas obras van con eles".


Despois de falaren os sete tronos estaba eu para escribir, pero oín que unha voz desde o ceo me dicía: "Garda en segredo o que falaron os sete tronos e non o escribas".


Escribe, logo, todo o que ves, o que hai e o que ha vir despois disto.


Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén.


Xa che pedira que quedases en Éfeso, cando eu ía marchar a Macedonia, para lles mandares a algúns que non ensinen doutrinas alleas,


Pero agora, escribide para vós este cantar. Ensinádellelo ós fillos de Israel e póndellelo na súa boca, para que me sirva a min de testemuño contra os fillos de Israel.


O velo, caín ós seus pés coma morto. Pero el puxo a súa man dereita sobre min e díxome: "Non teñas medo. Eu son o Primeiro e o Ultimo,


que é testemuña da palabra de Deus e do propio testemuño de Xesús Cristo, dicindo canto viu.


Deica Pentecoste permanecerei en Éfeso,


Se con miras simplemente humanas loitei coas feras en Éfeso, cal sería o meu proveito? Se os mortos non resucitan, comamos e bebamos, que mañá morreremos.


Desde Mileto, mandou chamar polos responsables da Igrexa de Éfeso.


Chegou a Éfeso un xudeu chamado Apolo, natural de Alexandría, que falaba moi ben e dominaba as Escrituras.


Unha delas, que se chamaba Lidia, tratante en púrpura, da cidade de Tiatira, que seguía o xudaísmo, púxose a escoitar, e o Señor abriulle o corazón, para que fixese caso do que dicía Paulo.


Pois quero que saibades a loita tan grande que sosteño por vós e polos de Laodicea e por tantos que non me coñecen persoalmente.


O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.


Ó anxo da Igrexa de Éfeso escríbelle: Isto di quen apreixa coa súa dereita as sete estrelas, quen pasea entre os sete candelabros de ouro.


Pero a vós, ós de Tiátira que non sodes desta doutrina e que non coñecedes os profundos misterios de Satán como eles din, dígovos que non vos impoño outro peso.


Pero tes unhas poucas persoas en Sardes, que non lixaron os seus vestidos. Estas han pasear comigo vestidas de branco, porque son dignas.


E díxome: "Non gardes en secreto a mensaxe profética deste libro, que o intre do seu cumprimento está a chegar.


Eu, Xesús, mandeivos o meu anxo, para que vos dese testemuño de todo isto que se refire ás igrexas. Eu son o renovo e a descendencia de David, o luceiro brillante da mañá".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan