Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles: Paz convosco.
Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo: Paz convosco.
O domingo estabamos reunidos para partir o pan. Paulo, que ía marchar para o outro día, comezou a falar con eles e prolongou a prédica ata a media noite.
Por iso declárovos que ninguén que diga "Renegado sexa Xesús", fala movido polo Espírito de Deus; e que ninguén é capaz a dicir "Xesús é o Señor", se non é baixo o influxo do Espírito Santo.