Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Apocalipse 1:1 - Biblia SEPT

1 Revelación de Xesús Cristo que Deus lle outorgou, para que el lles mostrase ós seus servos o que ten que acontecer axiña. E fíxoa coñecer, mandándolla polo seu anxo ó seu servo Xoán,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Apocalipse 1:1
30 Iomraidhean Croise  

O segredo do Señor é para os que o temen, e instrúeos coa súa alianza.


Abofé que o Señor Iavé nada fai sen descubrir o seu propósito ós seus servos, os profetas.


Porque eu non falei pola miña conta, senón que o mesmo Pai, que me mandou, deume a encomenda do que debo dicir e do que hei de falar.


Xa non vos chamo servos, que o servo non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer.


pois entregueilles as palabras que ti me encomendaches e eles recibíronas; coñeceron verdadeiramente que saín de onda ti, e creron que ti me mandaches.


do que viu e oíu, disto dá testemuño; pero ninguén acepta o seu testemuño.


Moito tería que falar de vós e xulgalo; mais quen me mandou é veraz e eu só lle falo ó mundo do que lle oín a El.


A aquel que é potente para vos afianzar no meu Evanxeo e no anuncio de Xesús Cristo, conforme a revelación do misterio escondido durante tempos eternos,


xa que nin o recibín nin o aprendín de home ningún, senón que mo revelou Xesús Cristo.


xa que por medio dunha revelación se me deu a coñecer o misterio, tal como escribín antes en poucas palabras;


Paulo, servidor de Deus e apóstolo de Xesús Cristo, para levar os escolleitos de Deus á fe e mais ó coñecemento da verdade, que é conforme á piedade verdadeira


Escribe, logo, todo o que ves, o que hai e o que ha vir despois disto.


Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús.


Logo veu falar comigo un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas e díxome: "Ven acó, que che hei mostrar o xuízo de condenación da gran prostituta que está sentada onda as augas abundantes;


Boteime ós seus pés para o adorar; pero el díxome: "Non, non o fagas! Son un servo de Deus igual ca ti e cós teus irmáns, que manteñen o testemuño de Xesús. Adora a Deus, que dar testemuño de Xesús é ter espírito profético".


Logo o anxo díxome: "Escribe: Benia os que están convidados ó xantar das vodas do Año!". E volveume dicir: "Estas son cousas verdadeiramente propias de Deus".


Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo.


Logo veu un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas cheas das sete derradeiras pragas e falou comigo, dicindo: "Ven acó, que che vou amosar a noiva, a esposa do Año".


Daquela mostroume un río de auga vivificadora, clara coma un cristal, que saía do trono de Deus e do Año.


Eu, Xesús, mandeivos o meu anxo, para que vos dese testemuño de todo isto que se refire ás igrexas. Eu son o renovo e a descendencia de David, o luceiro brillante da mañá".


Logo díxome: "Estas palabras merecen fe e son verdadeiras, pois o Señor, o Deus que inspira os profetas, mandou o seu anxo, para que lles amosase ós que o serven as cousas que han acontecer axiña.


Eu Xoán, son o que oín e vin todo isto. Cando o acabei de oír e ver, prostreime en adoración ós pés do anxo que mo amosaba.


Pero el díxome: "Non, iso non! Eu son compañeiro de servizo teu e dos teus irmáns os profetas e dos que fan caso das palabras deste libro: adorar, adora a Deus".


Despois disto mirei e vin unha porta aberta no ceo; e a primeira voz, que oíra coma unha trompeta, falando comigo, dicíame: "Sube aquí que che vou amosar o que ten que acontecer despois disto".


O Año achegouse ó trono e recibiu o libro da man dereita de quen está sentado no trono.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan