Pero, en chegando onda o home de Deus, na montaña, abrazouse ós seus pés. Guehazí foi para apartala, mais o home de Deus díxolle: —"Déixaa, pois a súa alma está amargada, e o Señor ocultoumo e non mo comunicou".
David, poñéndose en pé, dixo: —"Oídeme, meus irmáns e pobo meu: eu tiña o propósito de edificar un templo onde repousase a arca da alianza do Señor, unha casa que lle servise de tallo para os pés do noso Deus, e xa fixera preparativos para isto,
Os feitos do rei David, os primeiros e os derradeiros, están escritos no libro de Samuel, vidente, e nas crónicas de Natán, profeta, e nas de Gad, vidente,
O rei instalara os levitas no templo, con pratiños, arpas e cítolas, coma o dispuxera David, Gad o vidente do rei, e o profeta Natán. A orde era de Deus, por medio dos seus profetas.
Ademais, vós conservades dentro a unción que recibistes de Cristo e deste xeito non precisades que ninguén vos faga de mestre; porque a unción de Cristo que é unha realidade e non unha ilusión xa vos ensina todo. Permanecede nel como ela vos ensinou.
Pero o Señor díxolle a Samuel: —"Non te fixes no seu bo ver, nin na súa estatura. Ese está excluído, pois Deus non olla coma os homes. Os homes ven as aparencias, pero Deus ve o corazón".