Urías respondeulle a David: —"A arca, Israel e Xudá viven en tendas, o meu xefe Ioab e os seus oficiais acampan ó raso, e ía entrar eu na miña casa, comer e beber e deitarme coa miña muller? Por ti e pola túa vida, que non farei semellante cousa".
Logo puxeron no seu sitio a arca do Señor meténdoa dentro da tenda que David lle preparara. Despois ofreceu David holocaustos e sacrificios de comuñón diante do Señor.
Os feitos do rei David, os primeiros e os derradeiros, están escritos no libro de Samuel, vidente, e nas crónicas de Natán, profeta, e nas de Gad, vidente,
O rei instalara os levitas no templo, con pratiños, arpas e cítolas, coma o dispuxera David, Gad o vidente do rei, e o profeta Natán. A orde era de Deus, por medio dos seus profetas.
Para máis datos sobre Salomón, da punta ó cabo do seu reinado, véxase a Historia do profeta Natán, a profecía de Ahías de Xiloh e as visións do vidente Idó a propósito de Ieroboam, fillo de Nabat.