Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




2 Samuel 3:3 - Biblia SEPT

3 O segundo foi Quilab, fillo de Abigail, a que fora muller de Nabal de Carmel. O terceiro foi Abxalom, fillo de Macah, a filla de Talmai, rei de Guexur.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




2 Samuel 3:3
22 Iomraidhean Croise  

O tempo sucederon outras cousas. Abxalom, fillo de David, tiña unha irmá moi ben feita que se chamaba Tamar. Dela namorouse Amnón, fillo de David.


Ioab ergueuse e foi a Guexur e trouxo a Abxalom a Xerusalén.


O rei dispuxo: —"Que se retire á súa casa e que non veña verme". E Abxalom retirouse á súa casa sen presentarse diante do rei.


Abxalom respondeulle: —"Sabes que te mandei chamar e dicirche que viñeses aquí para enviarte onda o rei coa encomenda: Para que vin de Guexur? Mellor sería quedar alí. Agora quero ver o rei. E se houbese en min culpa, que me faga matar".


O cabo de catro anos Abxalom díxolle ó rei: —"Déixame chegar a Hebrón para cumprir unha promesa que lle fixen ó Señor.


Estando en Guexur de Aram, o teu servo fixo esta promesa: se o Señor me deixa volver a Xerusalén, ofrecereille un sacrificio en Hebrón".


David subiu alá coas súas dúas mulleres, Ahinoam de Iezrael e Abigail, a que fora muller de Nabal de Carmel.


Seu pai nunca o contrariara, preguntándolle que facía. Era moi ben parecido e nacera despois de Abxalom.


Adonías dixo entón: —"Ti sabes que o reino era meu e que todo Israel esperaba que eu reinase. Pero o trono escapóuseme e foi para meu irmán, porque o Señor o dispuxo dese xeito.


Velaquí os fillos de David que lle naceron en Hebrón: Amnón, o primoxénito, de Ahinoam, de Iezrael; o segundo, Daniel, de Abigail, de Carmel;


o terceiro Abxalom, de Macah, filla de Talmai, rei de Guexur; o cuarto Adonías, fillo de Haguit;


Iaír, o fillo de Menaxés, recibiu toda a rexión de Argob ata as fronteiras dos guexurritas e dos macateos, e ata o día de hoxe estes habitantes chamáronse co seu nome, e a Baxán chamóuselle Tendas de Iaír.


Non obstante, os fillos de Israel non botaron fóra ós guexuritas nin ós macateos, e habitou Guexur e Macat no medio de Israel ata o día de hoxe.


Chamábase Nabal e a súa muller Abigail. A muller era asisada e belida; pero o home, un calebita, era áspero e retorto.


E axiña ergueuse, montou no burro e, acompañada de cinco criadas que a servían, marchou cos mensaxeiros de David e foi a súa muller.


David saía cos seus homes e facía incursións no territorio dos guexuritas, dos guircitas e dos amalecitas, pobos que habitaban na bisbarra, que vai de Telam cara Xur ata a fronteira de Exipto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan