Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 9:3 - Biblia SEPT

3 O seu pai Quix extraviáranselle unhas burras e díxolle ó seu fillo Xaúl: —"Leva contigo un criado e vai na pescuda das burras".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 9:3
7 Iomraidhean Croise  

E tiña trinta fillos, que cabalgaban sobre trinta asnos e que eran os donos de trinta cidades, nomeadas ata o día de hoxe Havot—Iair, na terra de Galaad.


Os que cabalgades sobre asnos brancos, os que vos sentades encima dos tapices, e mais os que ides de camiño, matinade.


O tío de Xaúl preguntoulles a el e ó criado: —"Por onde andastes?" E eles responderon: —"Iamos á busca das burras e, ó ver que non aparecían, chegámonos onda Samuel".


Cando agora te apartes de onda min, encontraraste con dous homes, cerca da tumba de Raquel, nos lindeiros de Benxamín, en Selsah, e diranche: as burras que andabas buscando apareceron. O teu pai esqueceu xa ese asunto e agora está inquedo por vós pensando: Que será do meu fillo?


Tiña un fillo chamado Xaúl, un mozo garrido e lanzal, coma non había outro en Israel. Sobresaía entre todos dos ombreiros para arriba.


Tocante ás burras que se che perderon hai agora tres días, non te inquietes por elas; xa apareceron. Amais, a quen pertence o máis prezado de Israel, senón a ti e á túa familia?"


Atravesaron a montaña de Efraím e a bisbarra de Xalixah, pero non as atoparon. Cruzaron por Xalim, e non estaba. Atravesaron despois Benxamín, e tampouco estaban alí.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan