Procura no medio do pobo homes de valer e que teñan temor de Deus, homes firmes, inimigos da cobiza, e ponos á fronte do pobo, como xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.
e quen sabe se será un Sabio ou un badoco? Un tal será o herdeiro do que con tanto esforzo conseguín con grande habilidade baixo o sol! Tamén iso é cousa sen xeito.
Os teus xefes volvéronse rebeldes. Os teus compañeiros, un fato de ladróns. Pola calada aman o suborno, mira como corren tralos regalos; ó orfo non lle fan xustiza, e o preito da viúva non chega onda eles.
O que se comporta con xustiza e fala o que é correcto, o que rexeita as ganancias da opresión, o que sacode a súa man para non coller subornos, o que pecha os seus oídos para non verter sangue, o que pecha os seus ollos para non favorecer a maldade.
Os seus xefes emiten veredictos conforme ós regalos, os seus sacerdotes dan a lei por un prezo, e os seus profetas adiviñan por diñeiro, e ademais apóianse no Señor, dicindo: Non está o Señor no medio de nós? Ningunha desgraza nos acontecerá.
Non violentes o xuízo, nin te fixes nas caras dos litigantes, nin collas regalos: pois o regalo cega os ollos dos sabios, e perverte a causa dos xustos.
Agora aí tedes o rei para que vos guíe. Eu vou vello, encanecido, e os meus fillos están convosco. Eu andei diante de vós desde a miña mocidade ata agora.