Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 7:4 - Biblia SEPT

4 Os israelitas desbotaron os Baales e as Axtartés e propuxeron servir só ó Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 7:4
11 Iomraidhean Croise  

Iso é porque me abandonaron a min e adoraron a Axtarté, deusa dos sidonios, a Kemox, deus de Moab, e a Malcom, deus dos amonitas, e non seguiron os meus camiños, facendo o que é xusto ós meus ollos, gardando coma seu pai David os meus mandatos e as miñas decisións.


Salomón deu culto a Axtarté, deusa dos sidonios, a Malcom, ídolo dos amonitas.


se na terra dos inimigos que os levaron cativos se converten a ti, con todo o corazón e con toda a alma, e se che rezan voltos cara á terra que ti deches a seus pais, cara á cidade que ti escolliches e cara ó templo que eu che construín,


Destruíu, ademais, o altar de Betel e o altar que fixera Ieroboam, fillo de Nabat, co que fixera pecar a Israel. Destruíu o templo, o altar e mais o santuario; reduciuno a cinsa e queimou tamén a imaxe de Axtarté.


Discorrede un discurso, volvede ó Señor e dicídelle: "Perdoa totalmente a culpa; si, acóllenos a palabra; queremos agradecercho co froito dos nosos labios.


Volverán a habitar á miña sombra, cultivarán o trigo, lembrándose de min florecerán coma a viña, coma o viñedo do Líbano.


E cometeron o mal os fillos de Israel diante do Señor, e serviron ós baales.


Abandonaron ó Señor, e serviron a Baal e ás axtartés.


Entón falou Samuel deste xeito a todo Israel: —"Se vos convertedes ó Señor de todo corazón, desbotando de onda vós deuses alleos e Axtartés, se afincades no Señor o voso corazón, e se o servides só a el, o Señor libraravos da man dos filisteos".


Samuel mandoulles entón: —"Reunide en Mispah a todo Israel e pregareille ó Señor por vós".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan