Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 7:3 - Biblia SEPT

3 Entón falou Samuel deste xeito a todo Israel: —"Se vos convertedes ó Señor de todo corazón, desbotando de onda vós deuses alleos e Axtartés, se afincades no Señor o voso corazón, e se o servides só a el, o Señor libraravos da man dos filisteos".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 7:3
40 Iomraidhean Croise  

Xacob mandoulles á súa familia e á toda a súa xente: —"Retirade os deuses alleos que teñades, purificádevos e mudádevos de roupa.


Iso é porque me abandonaron a min e adoraron a Axtarté, deusa dos sidonios, a Kemox, deus de Moab, e a Malcom, deus dos amonitas, e non seguiron os meus camiños, facendo o que é xusto ós meus ollos, gardando coma seu pai David os meus mandatos e as miñas decisións.


se na terra dos inimigos que os levaron cativos se converten a ti, con todo o corazón e con toda a alma, e se che rezan voltos cara á terra que ti deches a seus pais, cara á cidade que ti escolliches e cara ó templo que eu che construín,


Adorade soamente ó Señor, voso Deus, e El libraravos do poder de todos os vosos inimigos".


Destruíu, ademais, o altar de Betel e o altar que fixera Ieroboam, fillo de Nabat, co que fixera pecar a Israel. Destruíu o templo, o altar e mais o santuario; reduciuno a cinsa e queimou tamén a imaxe de Axtarté.


Poñede, pois, todo o voso corazón e o voso ánimo en buscar o Señor, o voso Deus; erguédevos e edificade o santuario de Iavé Deus, para traer a arca da alianza do Señor e os seus utensilios consagrados a Deus ó templo edificado no nome de Iavé".


E ti, Salomón, meu fillo, coñece ó Deus de teu pai e sírveo con corazón perfecto e ánimo xeneroso; porque o Señor esculca os corazóns de todos e penetra todos os pensamentos. Se ti o buscas, atoparalo, pero se o abandonas, refugarate para sempre.


Pero contas tamén con boas accións: queimaches as estelas deste país e serviches a Deus con constancia".


Pero non desapareceron as ermidas dos outeiros e o pobo non se mantivo fiel ó Deus de seus pais.


Deus de seus pais, aínda que non teñan a pureza ritual".


Cousa do home é ordenar os pensamentos, mais a resposta da lingua vén do Señor.


Que o malvado deixe o seu vieiro, e que o home pecador (deixe) os seus plans, que se volva ó Señor para que teña misericordia del, que (se volva) ó noso Deus que tanto engrandece ó perdoar!


Dareilles corazón para me coñecer: eu serei o Señor, e eles serán o meu pobo. Eu serei o seu Deus, e volverán a min con todo o seu corazón.


Tal vez escoiten os de Xudá toda a desgraza que estou pensando causarlles, de xeito que se arrepintan cada un deles do seu mal comportamento, e eu lles poida perdoar as súas iniquidades e mais os seus pecados.


Se te volves, Israel é o Señor quen fala, volve a min; se deixas a un lado as túas ignominias, non andarás vagabunda lonxe de min;


Por isto, dille á casa de Israel: así fala o Señor, Iavé. Arrepentídevos e convertédevos das vosas idolatrías, e retirade a cara de todas as vosas abominacións,


Quitade de diante de vós as vosas maldades coas que pecastes, e facédevos un corazón novo e un espírito novo. Por que queredes morrer, Casa de Israel?


Samaría vai ser arrasada, pois rebelouse contra o seu Deus; caerán a espada, os seus meniños serán escachizados, as súas mulleres en cinta serán rebentadas.


Este pobo hónrame cos labios, pero o seu corazón está lonxe de min.


Entón replicoulle Xesús: Arreda, Satán, porque está escrito: Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto.


Ninguén pode servir a dous amos, porque ou lle ten lei a un e xenreira a outro, ou ben atende a un e menospreza ó outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.


Respondeulle Xesús: Escrito está: Adorarás o Señor, o teu Deus, e só a El darás culto.


Deus é espírito e cómpre que os que o adoran, o adoren en espírito e verdade.


O Señor o teu Deus, respectarás, a El servirás e a El has de te apegar e prestar xuramento no seu nome.


non lles fagades caso ás palabras de tal profeta ou ao tal soñador de soños; pois o Señor, o voso Deus, estavos pondo á proba, para saber se de verdade amades o Señor, o voso Deus, con todo o voso corazón e con toda a vosa intención.


Pero desde alí buscaredes o Señor o teu Deus, e atoparalo, se o buscas con todo o teu corazón e con toda a túa alma.


O Señor, o teu Deus, has de respectar, a El has de adorar; e has de facer o xuramento, invocando o seu nome.


E medio Galaad, Axtarot e Edrei, cidades do reino de Og, no Baxán, foron para os fillos de Maquir, fillo de Menaxés, ou máis ben para a metade dos fillos de Maquir, segundo as súas familias.


Agora, pois, temede ó Señor, e servídeo abofé, con lealdade; arredade os deuses ós que serviron vosos pais na outra banda do río e en Exipto, e servide ó Señor.


—"Daquela —dixo Xosué—, botade fóra os deuses alleos que hai entre vós, e apegade o voso corazón ó Señor Deus, e escoitaremos a súa voz".


E retiraron os deuses alleos do medio deles, e serviron ó Señor, que non puido aturar máis os sufrimentos de Israel.


E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e serviron ós baales e ás axtartés e ós deuses de Siria, ós deuses de Sidón, ós deuses de Moab, ós deuses dos fillos de Amón, e ós deuses dos filisteos; e abandonaron ó Señor e xa non o serviron.


E cometeron o mal os fillos de Israel diante do Señor, e serviron ós baales.


Abandonaron ó Señor, e serviron a Baal e ás axtartés.


As súas armas puxéronas no templo de Axtarté e o cadáver pendurárono nos muros de Bet—Xeán.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan