2 Desde o día en que a arca do Señor se instalara en Quiriat Iearim pasara moito tempo —había diso vinte anos—, e todos os israelitas estrañaban a arca do Señor.
Había entón outro home que profetizaba no nome do Señor: Urías, fillo de Xemaías, natural de Quiriat Iearim. Predicaba contra esta cidade e contra este país oráculos do mesmo xeito cós de Xeremías.
Recoñece a túa impiedade, pois pecaches contra o Señor, teu Deus, dirixiches os teus camiños a deuses estranxeiros baixo calquera árbore frondosa e non quixeches escoitar a miña voz —é o Señor quen fala—.
Velaí, chegarán chorando; pero entre aclamacións de agradecemento, heinos conducir, heinos levar ós regueiros de auga por un camiño seguro onde non han tropezar. Si, volvereime pai de Israel, e Efraím será o meu primoxénito.
Os de Quiriat Iearim foron recoller a arca do Señor, levárona á casa de Abinadab, que estaba no outeiro, e consagraron ó seu fillo Elazar para gardala.
Entón falou Samuel deste xeito a todo Israel: —"Se vos convertedes ó Señor de todo corazón, desbotando de onda vós deuses alleos e Axtartés, se afincades no Señor o voso corazón, e se o servides só a el, o Señor libraravos da man dos filisteos".