Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 5:9 - Biblia SEPT

9 Pero, en canto chegou alí a arca, a man do Señor pesou sobre a cidade. Houbo un gran estremecemento, pois o Señor feriu cunha praga de furunchos a toda a poboación, ós pequenos e ós grandes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 5:9
11 Iomraidhean Croise  

A man do Señor pesou moi dura sobre as xentes de Axdod. Estarreceu con furunchos a cidade e os seus arredores.


Os filisteos quedaron humillados e non volveron invadir os lindeiros de Israel. A man do Señor pesou sobre eles toda a vida de Samuel.


Pois a man do Señor estaba clamorosamente contra eles para espantalos do medio do campamento ata que desaparecesen completamente.


Pero se non obedecedes ó Señor e se sodes rebeldes, a man do Señor pesará duro sobre vós, coma sobre os vosos pais.


e bateu nos seus inimigos polas costas, deixounos para eterna vergonza.


Vai ser coma cando foxe un do león e vai dar co oso; logra aínda chegar á casa, apoia a man na parede, e mórdeo a cóbrega.


Colocaron no carro a arca do Señor e a caixa cos ratos de ouro e coas imaxes dos furunchos.


Entón convocaron de segundas a todos os seus príncipes e dixéronlles: —"Levade a arca do Deus de Israel, que volva ó seu sitio, non nos mate a nós e á nosa xente". Había un medo de morte na cidade, pois pesara alí moi dura a man de Deus.


Entón mandaron a arca de Deus cara a Ecrón. En canto a arca chegou alí, os ecronitas queixábanse dicindo: —"Trouxeron onda nós a arca do Deus de Israel. Será a nosa morte e a das nosas familias".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan