Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 4:4 - Biblia SEPT

4 Mandaron, pois, xente a Xiloh, para que trouxesen de alí a arca da alianza do Señor dos exércitos, que ten o trono enriba dos querubíns. Coa arca da alianza de Deus ían os dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 4:4
18 Iomraidhean Croise  

Ia tamén Sadoc e con el todos os levitas. Levaban a arca da alianza do Señor e puxérona onda Abiatar, ata que acabou de saír da cidade a xente toda.


e con toda esa xente foi a Baalá de Xudá, para traer de alí a arca de Deus, o que leva o nome de Señor dos exércitos, que se senta na arca enriba dos querubíns.


Ezequías fixo entón esta oración ó Señor: —"Señor, Deus de Israel, que sentas sobre os querubíns, soamente ti es Deus sobre todos os reinos da terra.


Do mestre do coro, con cítaras de Xuxán. Edut, salmo de Asaf.


Escoita, pastor de Israel, que guías o rabaño de Xosé; ti que sentas sobre os querubíns,


O Señor reina, conmóvense os pobos, senta sobre querubíns, estremécese a terra.


"Señor dos Exércitos, Deus de Israel, que tes trono de querubíns. Ti creaches o ceo e mais a terra.


Pois agora intentade abrandar o rostro anoxado de Deus, mostrarásevos benévolo? Isto está na vosa man, retirará por iso de vós o seu rostro anoxado? —fala o Señor dos Exércitos—.


Cando Aharón e os seus fillos dean envolto todos os obxectos do santuario con todos os seus utensilios sagrados, para pór en marcha o campamento, virán os fillos de Quehat para levalo, pero non poderán tocar nada sagrado, pois morrerían. Este é o cargo que teñen os fillos de Quehat, referente á Tenda do Encontro.


Cando se teña que cambiar o campamento, virán Aharón e seus fillos e farán baixar a cortina de protección e taparán con ela a Arca da Alianza.


Cando Moisés entraba na Tenda do Encontro para falar con Deus, escoitaba a voz que lle falaba desde o propiciatorio, que estaba sobre a Arca do Testemuño, entre os dous querubíns: faláballe desde alí.


Chegado ese momento, Ana subiu con el a Xiloh, ó santuario do Señor, levando consigo un becerro de tres anos, unha fanega de fariña e un pelexo de viño.


Levaba o efod Ahías, fillo de Ahitub, irmán de Icabod, fillo de Pinhás, fillo de Elí, sacerdote do Señor en Xiloh. A xente non se deu conta da marcha de Ionatán.


Sendo Elí xa moi vello, oía o que facían os seus fillos coa xente de Israel e como se deitaban coas mulleres que prestaban servizo á entrada da Tenda do Encontro.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan