Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 4:3 - Biblia SEPT

3 Cando a tropa volveu ó campamento, os anciáns de Israel preguntábanse: —"Por que nos deixou hoxe o Señor sufrir esta desfeita ante os filisteos? Levemos connosco de Xiloh a arca da alianza do Señor. Se vén El connosco, libraranos da man dos nosos inimigos".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 4:3
34 Iomraidhean Croise  

O rei mandoulle a Sadoc: —"Devolve a arca de Deus para a cidade. Se o Señor me dispensa o seu favor, fará que poida volver e permitirame ver a arca e a súa morada.


Cando David moraba xa no seu pazo, díxolle ó profeta Natán: —"Eu estou habitando unha casa de cedro, mentres a arca da alianza do Señor está baixo unha tenda".


Poema de Asaf. Por que, Deus, nos rexeitas? Será por sempre? Por que se inflama a túa ira coas ovellas do teu rabaño?


Por que arredas a túa man e retés a túa dereita no seo?


Así fala o Señor Deus: "Onde está esa acta de divorcio da vosa nai, a quen eu despedín? Quen dos meus prestamistas foi aquel a quen vos vendín? Polas vosas iniquidades fostes vendidos, polas vosas rebeldías foi despedida a vosa nai.


Por que xaxuamos, se ti non o ves? Por que afliximos a nosa gorxa, se ti non te decatas? Velaí: no día do voso xaxún atopades o voso negocio, e oprimides os vosos traballadores.


Velaí a man do Señor: non é tan curta que non poida salvar, nin o seu oído tan duro que non oia,


senón que as vosas iniquidades foron as que vos separaron do voso Deus, e os vosos pecados tapáronlle a cara para non vos escoitar.


Habédesvos de multiplicar e aumentar no país naqueles días —é o Señor quen fala—. Ninguén falará da arca da alianza do Señor, nin se lles virá á cabeza, nin se lembrarán dela, nin a botarán de menos, nin farán unha nova.


Non vos fiedes das palabras mentireiras que se repiten: "Velaquí o templo do Señor, o templo do Señor, o templo do Señor".


E partiron do monte do Señor e andaron o camiño de tres días. A Arca da Alianza do Señor ía diante deles durante os tres días de camiño, para buscarlles sitio onde repousar.


Para que a Arca se puxese en camiño, Moisés exclamaba: —"Levántate, Señor; sexan dispersos os teus inimigos; e fuxan os que te aborrecen diante da túa presenza!".


Moisés enviounos á milicia mil por tribo, ás ordes de Pinhas, fillo do sacerdote Elazar, portador dos obxectos sagrados e das trompetas de alarma.


E responderán: Porque abandonaron a Alianza do Señor, Deus de seus pais, quen concluíu a alianza con eles ao sacalos do país de Exipto;


—"Collede o libro desta lei e póndeo ao lado da Arca da Alianza do Señor, o voso Deus, e que estea alí en testemuño contra ti.


terá aparencia de piedade, pero renegará da verdadeira forza da mesma. Ti con xente desa non te xuntes.


co altar de ouro para o incenso e a arca da alianza cuberta de ouro por todos os lados; nela había unha caixa de ouro co maná, a vara reverdecida de Aharón e mais as táboas da alianza.


responderédeslles que as augas do Xordán estiveron cortadas diante da Arca da Alianza do Señor ó pasar o Xordán: cortáronse as augas do Xordán, e velaquí estas pedras como lembranza para os fillos de Israel decote".


Xosué, fillo de Nun, chamou polos sacerdotes e díxolles: —"Traede a Arca da Alianza e que sete sacerdotes leven sete trompetas de carneiro diante da Arca do Señor".


E dixo Xosué: —"Ah, meu Señor Iavé!: Por que fixeches pasar o Xordán a este pobo, para poñéresnos nas mans dos amorreos e acabar connosco? Oxalá tivésemos quedado na outra banda do Xordán!


Meu Señor! E que hei de dicir, despois de que Israel volveu o lombo diante dos seus inimigos?


esta auga simbolizaba o bautismo que vos salva a vós, non por ser unha limpeza do corpo lixoso, senón por ser o compromiso con Deus dunha conciencia honrada, pola mediación de Xesús Cristo resucitado,


Aínda que estas cousas as teñades xa ben sabidas, quérovos, non obstante, lembrar que o Señor, despois de sacar o seu pobo da escravitude de Exipto, acabou logo cos que non creran.


Chegado ese momento, Ana subiu con el a Xiloh, ó santuario do Señor, levando consigo un becerro de tres anos, unha fanega de fariña e un pelexo de viño.


Xaúl díxolle entón a Ahías: —"Trae aquí o efod". (Pois, daquela, levaba Ahías o efod en Israel).


Os filisteos puxéronse en orde de combate cara ós israelitas. Desatada a batalla, os israelitas sufriron unha grave desfeita, diante dos filisteos, que lles mataron no campo, dentro das súas ringleiras, case catro mil homes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan