Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 4:2 - Biblia SEPT

2 Os filisteos puxéronse en orde de combate cara ós israelitas. Desatada a batalla, os israelitas sufriron unha grave desfeita, diante dos filisteos, que lles mataron no campo, dentro das súas ringleiras, case catro mil homes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 4:2
13 Iomraidhean Croise  

(Nun) Investiguemos o noso comportamento e examinémolo. Convertámonos ó Señor.


Tropezarán uns cos outros, coma se fuxisen da espada, sen que os persiga ninguén, e non haberá quen vos levante de diante dos vosos inimigos.


Os amalecitas e os cananeos, que habitaban naquel monte, baixaron e derrotáronos, facéndoos fuxir ata Hormah.


Por iso os fillos de Israel non poderán levantar cabeza diante dos seus inimigos; volveranlles o lombo, pois fixéronse obxecto do exterminio. Non continuarei estando convosco, se non quitades do medio de vós o consagrado.


Israelitas e filisteos aliñáronse para o combate, uns enfronte dos outros.


Chantábase cara ás ringleiras do exército israelita e berraba: —"Por que vos dispoñedes todos para o combate? Non son eu un filisteo e vosoutros os servos de Xaúl? Escollede un dos vosos e que baixe onda min.


A palabra de Samuel chegaba a todo Israel. Os israelitas saíron á guerra en contra dos filisteos. Acamparon en Eben—ha—Ézer e os filisteos en Afec.


Os filisteos botáronse ó combate e venceron ós israelitas, que fuxiron, cada un para á súa tenda. Foi unha grave desfeita. Da infantería de Israel caeron trinta mil homes.


Cando a tropa volveu ó campamento, os anciáns de Israel preguntábanse: —"Por que nos deixou hoxe o Señor sufrir esta desfeita ante os filisteos? Levemos connosco de Xiloh a arca da alianza do Señor. Se vén El connosco, libraranos da man dos nosos inimigos".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan