ofrecen ó Señor holocaustos matutinos e vespertinos e perfumes recendentes, presentan os pans sobre a mesa pura e acenden todas as tardes o candelabro de ouro e as súas lámpadas, porque nós observamos as prescricións do Señor, o noso Deus, a quen vós abandonastes.
Unha cousa pídolle ó Señor, unha cousa procuro: habitar na casa do Señor, todos os días da vida, para gozar da dozura do Señor, visitando o seu templo.
Farás un candelabro de ouro puro, traballado a martelo, coa súa base e co seu fuste. Formarán unha peza con el as súas copas, os seus cálices e as súas corolas.