Velaí, por tanto, o que eu considero o mellor: o que ten conta é comer e beber e gozar da felicidade co que se gañou fatigándose baixo o sol, nos días contados que lle concede Deus a un. Pois tal é a súa herdanza.
De novo observei baixo o sol que non é dos veloces a carreira nin a guerra dos heroes, nin dos asisados o ter pan, nin dos entendidos a riqueza, nin o favor dos sabedores, senón que a ocasión e a sorte cáenlles por igual a todos.
—Que facemos nós aquí sentados? Xuntémonos, subamos ás cidades amuralladas, fagamos loito alí porque o Señor, noso Deus, nolo manda facer; mándanos beber as bágoas dos nosos ollos, xa que pecamos contra El.
Se alguén se quere ensoberbecer, que se ensoberbeza disto: de apreciarme e terme en estima a min, pois eu son o Señor que obra a misericordia, e exerce o xuízo e a xustiza na terra. Nestes é en quen eu me comprazo —é o Señor quen fala—.
El repúxome: "Esta é a palabra do Señor acerca de Zerubabel, nestes termos: Non é polo poder, nin pola forza, senón polo meu Espírito —di o Señor dos Exércitos—.
Queridiños, levado polo empeño que poño en vos escribir acerca da nosa común salvación, crin de necesidade dirixirme a vós para vos pedir un esforzo especial na loita pola fe que dunha vez por todas se lle entregou ó pobo santo.
Agora, meu señor, polo Señor e pola túa vida! O Señor impediu que chegases a verter sangue e que colleses a xustiza pola man. Que se vexan coma Nabal os teus inimigos e os que tentan facerche mal.