Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 2:3 - Biblia SEPT

3 Non botedes discursos altivos, non saia arrogancia da vosa boca. O Señor é un Deus ben sabedor, el é quen pesa as accións.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 2:3
26 Iomraidhean Croise  

escoita ti desde o ceo, lugar da túa morada, e perdoa. Dálle a cada un segundo o seu merecido, ti que coñecer os corazóns, pois só ti coñeces o interior dos homes todos.


péseme Deus nunha balanza xusta, e saberá da miña integridade!


O noso Señor é grande e poderoso, para a súa sabedoría non hai medida.


Pechan as súas entrañas e falan con soberbia.


Señor, que non me avergonce de invocarte; que se avergoncen os malvados e baixen, mudos, ó abismo.


Se esquecésemos o noso Deus, ou erguésemos as mans a un deus alleo,


Eu aviso ós soberbios: —"Non vos oufanedes", e ós malvados: —"Non ergades a testa;


Os malfeitores latrican, falan con insolencia e xactancia.


Todo o proceder dun home semella recto ós seus ollos, pero é o Señor quen sopesa os motivos.


xa que se despois dis: —"Nós non sabiamos tal", pensas que o que sopesa as intencións non se decata? O que vixía a túa vida ben que o sabe, el retribuirá a cadaquén conforme ós feitos.


(Temer a Deus é odiar o mal) Eu aborrezo o orgullo e a fachenda, a mala conduta e a boca perversa;


O vieiro do xusto é a rectitude, ti achanzas o camiño dereito do xusto.


A quen ofendiches e insultaches? Contra quen levantaches a voz e levantaches cara arriba os teus ollos? Contra o Santo de Israel.


Eu, o Señor, son quen escruto as intencións, quen examina os sentimentos, para lle dar a cada un conforme o seu comportamento, conforme o froito das súas obras.


Encoraxástesvos contra min pola vosa boca, e inzaron máis da conta as vosas palabras contra min, —e eu estábao oíndo—.


Os vosos ditos contra min son duros —fala o Señor—. Preguntades: "Que dixemos nós contra Ti?"


Collámolo a peito, xa que a palabra de Deus é viva e dinámica, máis cortante do que unha espada de dobre fío e que penetra mesmo alí onde se diferencian a alma e o espírito, as xuntas e a medula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos.


—"El, Elohim, Iavé; El, Elohim, Iavé: El ben o sabe, e Israel hao saber. Se foi por rebelión ou por deslealdade ó Señor, que non pasemos de hoxe,


e ós fillos dela vounos matar cun andazo. Así coñecerán todas as igrexas que eu son o que sonda os sentimentos e as intencións e o que vos dá a cadaquén segundo as vosas obras.


E díxolle Zebul: —"Onde vai agora a túa boca, coa que dicías quen é Abimélec, para que o sirvamos? Logo non é este o pobo que ti aldraxaches? Dálle, sae agora e loita contra el!"


Pero o Señor díxolle a Samuel: —"Non te fixes no seu bo ver, nin na súa estatura. Ese está excluído, pois Deus non olla coma os homes. Os homes ven as aparencias, pero Deus ve o corazón".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan