Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




1 Samuel 2:2 - Biblia SEPT

2 Non hai santo coma o Señor! Non hai rocha coma o noso Deus!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




1 Samuel 2:2
37 Iomraidhean Croise  

meu Deus, penedo onde me acollo, meu escudo, meu salvador, meu tobo, meu recanto, que me libras da violencia.


Que Deus hai, fóra do Señor? Quen é unha rocha, fóra do noso Deus?


Por iso es grande, Señor Iavé, non hai outro coma ti, nin hai Deus, fóra de ti, conforme o que temos oído.


e dixo: —"Señor, Deus de Israel, non hai un deus coma ti, nin arriba no ceo, nin abaixo na terra. Ti gardas a alianza e o amor ós teus servos, que camiñan diante de ti con todo o corazón.


El mándalle a liberación ó seu pobo, corrobora por sempre a súa alianza; santo e terrible é o seu nome.


Eu ámote, Señor, a miña forza,


Os camiños de Deus son perfectos, a palabra do Señor ben probada: é o escudo para cantos a El se acollen.


A túa xustiza, Deus, chega ás alturas, ti fixeches cousas grandes: quen coma ti, meu Deus?


Se ti a rocha do meu refuxio sempre disposta para salvarme: Ti que es a miña forte cidadela.


A quen outro teño eu no ceo? Contigo xa nada cobizo na terra.


Ti, Señor, non tes semellante entre os deuses, non hai feitos coma os teus.


Os ceos proclaman, Señor, as túas marabillas, a asemblea dos santos, a túa fidelidade.


Deus no consello dos santos é temido, grande e terrible para canto o rodea.


Festexan o teu nome grande e terrible, rei poderoso, que ama a xustiza.


Enxalzade ó Señor, noso Deus, prostrádevos ós seus pés, pois santo é o Señor.


Enxalzade ó Señor, noso Deus, prostrádevos ante o seu monte santo, pois santo é o Señor, noso Deus.


Quen hai coma ti, Señor, entre os deuses, quen coma ti, excelso en santidade, terrible polas túas obras, facedor de milagres?


Con quen asemellaredes a Deus? Que semellanza lle buscaredes?


Así fala o Señor, Rei de Israel, o seu Redentor, o Señor dos Exércitos: "Eu son o Primeiro, e tamén o Derradeiro; non hai outro Deus fóra de min.


Non teñades medo nin pavor. Acaso non volo fixen oír e volo manifestei desde entón? Vós sodes as miñas testemuñas: hai acaso un Deus fóra de min? Non, non hai Penedo: eu non o coñezo".


Porque así fala o Altísimo, o Excelso, o que reside na sala do seu trono, que ten de Nome o Santo: "Eu resido no templo celeste, (pero) tamén co humillado e co de espírito abatido, para reanimar o espírito dos abatidos, e para revitalizar o corazón dos humillados.


Exclamaban un cara ó outro: "Santo, Santo, Santo, o Señor dos Exércitos: a terra toda está chea da súa gloria!".


O seu aniquilador es ti, Señor, ti es grande, e grande é o teu Nome. Polo teu poder


Pois eu son o Señor, o voso Deus: santificádevos para serdes santos, porque eu son santo. Non vos contaminedes con ningún réptil que se arrastra polo chan.


Eu son o Señor que vos fixen subir do país de Exipto, para ser o voso Deus: tendes que ser santos, pois eu son santo.


—"Fálalle á comunidade dos fillos de Israel e dilles: Sede santos, porque santo son eu, o Señor, o voso Deus.


Ora, todo canto antigamente se escribiu, escribiuse para a nosa instrución: para que entre a nosa paciencia e o consolo que dan as Escrituras, manteñamos a esperanza.


Benia o home a quen o Señor non lle ten en conta o pecado.


Meu Señor, Deus! Ti comezaches por permitirlle ao teu servo ver a túa grandeza e a túa man forte, que deus pode haber no ceo ou na terra, que faga as mesmas obras ca ti, ou teña o mesmo poder?


E dixo: Escondereilles o meu rostro benévolo, verei cal é o seu porvir, pois eles son unha xeración de perversión, fillos nos que non hai fidelidade.


Agora ollade: certo que eu son eu, e non hai outros deuses comigo. Eu fago morrer e fago vivir; ferín, pero curarei, e non hai quen escape da miña man.


El é o Penedo, a súa obra é perfecta. Si, todos os seus vieiros son xustiza. É o Deus da fidelidade e non hai nel inxustiza xusto e recto é El.


A ti fíxoche ver todo isto para que saibas que o Señor é o teu Deus, que fóra del non hai outro.


Recoñéceo hoxe e dálle voltas no teu corazón: o Señor é Deus, arriba no ceo e abaixo na terra, e que non hai outro.


porque a Escritura di: Seredes santos, porque eu son santo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan