3 Ionatán destruíu o posto filisteo que había en Gueba e os filisteos soubérono. Xaúl mandou tocar a trompeta por todo o país para dicir: —"Que os hebreos escoiten".
Por un casual estaba alí un home perverso, que se chamaba Xeba, fillo de Bicrí, un benxaminita. Este tocou a trompeta dicindo: —"Nós non temos parte con David, nin temos herdo co fillo de Ixaí. Cada un para a súa tenda, Israel!"
Todo o país se volverá unha chaira, desde Gueba ata Rimón, ó sur de Xerusalén, que estará no alto, e toda ela habitada: desde a porta de Benxamín ata o sitio da antiga porta dos Ángulos; e desde a torre de Hananel ata as prensas do rei
Despois chegarás a Guibah de Deus, onde está o posto dos filisteos. O entrares na cidade, atoparaste cunha banda de profetas que baixan do outeiro, profetizando, ó son de arpas e pandeiros, de frautas e de cítolas.