3 O home adoitaba subir, ano tras ano, desde a súa cidade, para adorar o Señor dos exércitos e ofrecerlle un sacrificio en Xiloh, onde estaban de sacerdotes do Señor os dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.
Tres veces durante o ano todos os teus homes han de se presentar diante do Señor, o teu Deus, no lugar que El escolla: na festa do pan asmo, na festa das Semanas e na festa das Tendas, e non se han de presentar sen nada.
E dixeron: —"Velaquí que hai todos os anos unha festa de Iavé en Xiloh, ó norte de Betel, ó oriente do camiño que sobe de Betel a Xequem, ó sur de Lebonah".
Levaba o efod Ahías, fillo de Ahitub, irmán de Icabod, fillo de Pinhás, fillo de Elí, sacerdote do Señor en Xiloh. A xente non se deu conta da marcha de Ionatán.
Mandaron, pois, xente a Xiloh, para que trouxesen de alí a arca da alianza do Señor dos exércitos, que ten o trono enriba dos querubíns. Coa arca da alianza de Deus ían os dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.